Actualidade / ArtigoVolver


A Coruña, 16 de novembro de 2004

Yasir Arafat: “A paz dos valentes”
1929-2004
 

Xurxo Martínez Crespo-

xurxomartinez@cantv.net


  Onde estaban os meios
Equivocouse Simon Peres cando dixo que unha vida chegaba ao seu fin e que era hora que moitas vidas empezasen. A vida de Arafat deu vida a moitos palestinianos e seguirá sendo fonte de outras excusas para viver, porque os que morren pola vida non pode chamarse mortos.
 
Morto duna doenza “descoñecida”, barállase o envelanemeto. Envelenameneto que sofrimos os occidentais cos principias meios de comunicación occidentais cando falan do caso palestiniano. Yasir Arafat, o heroe, non logrou ver ao seu país libre e soberano. Aturou nunha situación precaria o asedio ao seu territorio, ao seu pobo e a súa vida.

Coa morte de Arafat empezaron os xornais a falar do que non tiñan que falar. O substantivo é o adxectivo. Falaron verbo a súa suposta homosexualidade, verbo a súa muller, as grandes cifras de diñeiro que manexaba e por suposto falaron das guerras intestinas que “deixan ben ás claras” que os palestinianos non poden “gobernarse por si mesmos”.

Porén os alcances da Organización de Liberación de Palestina (OLP) é o seu presidente dende 1969, están alén dos feitos con que algúns “entendidos especialistas” queren disfrazar os feitos actuais.

Coido que o máis importante é que hoxe o mundo sabe e coñece que existe un pobo palestiniano que ten o dereito a ter un Estado propio na súa propia terra. Que Yasir Arafat non é un terrorista senón un soldado que loitou polos ideais de liberdade do seu pobo. O mundo coñece de perto o que significan as palabras xenocidio e desesperación. Saben que un suicida palestiniano é levado a esa situación a causa da situación na que o Estado israelí ten ao pobo palestiniano, que auqles que están suxeitos a unha morte en vida nada perden cando deciden morir. Saben que este feito non é illado dentro da historia.

  Onde estaban os meios
Onde estaban os meios
O filósofo Jurgen Habermas foi un dos que criticou a infame persecución da que é obxecto o pobo palestiniano e recorda sempre que aqueles que se chaman pobo perseguido cometen hoxe unha das maiores infámias da humanidade.
 
Esta situación non está reducida á imposibilidade de seren un Estado soberano, senón á imposibilidade de poder circular, traballar, ter asistenza médica ou poder viver sen ter unha ameaza permanente coas forzas armadas israelís como brazo armado dun Estado moralmente reprobábel e xudicialmente axuizábel polos seus crimes de lesa humanidade.

Esta inmoralidad, que non amoralidad, do Estado israelí cara “os outros” vai traer serias consecuencias dentro da sociedade israelí, sociedade e pobo o xudeu que non é como moitos pretenden mostrar, senón aberto e dialéctico. Unha grande masa do pobo israelí, a pesar do medo terrorista, aposta abertamente polos dereitos dos palestinianos e pola convivencia pacífica entre ambos Estados nesa pequena parcela de terra do Oriente Meio.

Cunha póla de oliveira nunha man e cun fusil na outra pediu Arafat na Asemblea Xeral da ONU en 1974 que non deixaran cair a póla da súa man e pediu ao Estado hebreu que acetara a que el chamou “paz dos valentes”.

A situación palestiniana, como pobo esquecido e sen dereito a existenza, salvando as distanzas, ten moito que ver con moitas nacións sen Estado que son oprimidas, doutro xeito, e que loitan pola sobrevivencia cultural e política.

Así en 1993, Arafat aceta asinar co primeiro ministro israelí Isaac Rabin un acordo no que o Estado de Israel e a OLP recoñécense mutuamante.


Recoñecemento

É verdadeiramente tan importante o recoñecemento? É o máis importante sen dúbida. A Constitución española non recoñece ás outras nacións do Estado español, legalmente e nos feitos non se recoñece o que non existe ou aquello que nós non queramos que conste como existente.

Todos sabemos que isto é unha fición. Que os palestinianos existen. Tamén galegos, bascos e cataláns. Existen bretóns e mil e un pobos espallados polo mundo. Sabemos que o primeiro paso para curar unha adición é o recoñecemento de que temos esa adición, despois ven a cura.

Eis un dos grandes logros de Arafat e a súa Organización. O recoñecemento internacional do problema do pobo palestiniano. O recoñecemento da Organización de Liberación Palestiniana por parte do Estado de Israel e a entrada da OLP e Arafat en todos as esferas internacionais como representantes do seu pobo.

O illamento de Arafat nos seus derradeiros tres anos foi debido ás costas dos Estados Unidos, os partidarios palestinianos de accións bélicas máis contundentes contra os israelís e o perigoso xogo de poder dentro da Autoridade Nacional Palestina.

Os Estados Unidos botaranlle en cara a Arafat o seu rexeitamente a acetar a proposta de Yehud Barak (“A proposta de ouro”) na que os israelís daban un 80% da Cisxordánia e na dividida Xerusalém algún bairro. Esta “proposta de ouro” impedía o retorno dos millóns de palestinianos que deambulan polo mundo froito da represión do Estado, non do pobo, xudeu.

Arafat sabe que o seu pobo rexeitariao como líder de ter asinado tel “proposta” e decide non asinar. Sera a sentenza de morte para Arafat por mor da súa “teima” e “pouca” vontade de dialogo, segundo as autoridades hebreas e os seus aliados estadounidenses.


Podense mendigar os dereitos?

A historia de Arafat e do pobo palestiniano é a historia de dous milleiros de anos en apenas unhas cantas décadas. O peixe grande come ao pequeño. O imperio da mentira e a banalidade do mal.

A “civilizada” e cínica Europa condena os 23 ou 25 presos “políticos” cubanos e asubia antes as mortes de nenos inocentes palestinianos ou ante o masacre de Putin contra o pobo chechenio.

A “civilizada” e cínica Europa está máis preocupada do “talante” (por dicelo cunha palabra de moda) de Arafat do feito que representa para o seu pobo a asinatura da perda das terras e dos dereitos que tantas mortes, desesperación e desterro trouxeron para eles.

Yasir Arafat, humano, con acertos e moitos desacertos. Home heroico soubo estar co seu pobo até o derradeiro día da súa vida.
Mentres existan seres humanos decentes sabemos que as causas xustas vencerán.

Palestina vencera!


Xurxo Martínez Crespo.

 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 16/11/2004
cig.informatica