|
Actualidade CIG-Comunicación-
A situación dos traballadores e traballadoras do Banco Pastor segue sendo a mesma que cando comezaron as mobilizacións, é dicir, mantense a actitude de prepotencia por parte das direccións rexionais, sobre todo a do Norte e a do Centro, e as baixas provocadas por problemas psicolóxicos van en aumento. Por iso, a sección sindical da CIG no Banco Pastor continuará coas mobilizacións en todo o país e seguirá denunciando a ilegalidade na que están incorrendo os directivos desta empresa con prácticas como a desregulación de traslados, a prolongación de xornadas e as contratas que fan aos novos traballadores. Para a sección sindical da CIG no Banco Pastor a solución pasa porque os responsábeis desa entidade -con capacidade para decidir- se senten a negociar cos portavoces maioritarios dos traballadores. Xa se celebraron outras concentracións, no que vai de mes, en Ribeira, Viveiro, O Carballiño e Vilagarcía. |
|||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 03/12/2004 |