|
Actualidade CIG-Comunicación-
Posteriormente, por espazo duns 15 minutos ocuparon a oficina onde a secretaria da Sección Sindical, Gladis Alonso, se dirixiu ao persoal da oficina para explicarlles os motivos da protesta, como xa se fixera nas concentracións anteriores. A ilegal aplicación dos traslados, a indefinición de categorías, os horarios ilegais, a individualización dos contratos de traballo, o abuso, impunidade e prepotencia das direccións rexionais e a negativa reiterada da Empresa ao diálogo coa representación sindical para solucionar estes temas, obrigaron á CIG a dar un paso adiante co ánimo de cambiar a política laboral do Banco Pastor. Este paso obrigado durante os meses de novembro e decembro consistiu en cinco concentracións (unha por semana) nas oficinas de Carballo e Ribeira (A Coruña), Vieiro (Lugo), O Carballiño (Ourense) e Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), ademais desta última en Monforte. Desde a Sección Sindical da CIG enténdese que calquera solución que non sexa o diálogo non e boa para ningunha das partes, pero dado que ao Banco Pastor non lle interesa o diálogo, téñense denunciado estes abusos durante o mes de novembro, seguirán durante o mes de decembro e continuarán nos seguintes meses, até que a Empresa rectifique a súa actual política laboral. Que Banco Pastor entenda, dunha vez por todas, que os dereitos dos traballadores e traballadoras e a normativa do Convenio Colectivo e do Estatuto dos Traballadores non se poden quebrantar sistematicamente e que os traballadores e traballadoras empezan a estar cansos de tanta humillación. |
|||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 15/12/2004 |