|
Actualidade
Vigo, 24 de decembro de 2004
O 93% do persoal de Telemárketing
apoia a Folga
| |
 |
| As traballadoras e traballadores de Telemárketing
ratificaron coa súa participación nesta segunda xornada de folga o apoio ás reivindicacións
dos sindicatos presentes na mesa de negociación estatal do III Convenio Colectivo. (Realización cartaz, Sefi Romero e Fernando Pol). |
| |
A pesares das manobras escuras de CCOO e UGT,
que repartiron comunicados desconvocando a folga, sen contar coa opinión do persoal do sector, horas antes
de manter unha reunión coa patronal na tarde do mércores 22, sumado ao aproveitamento das distintas
empresas destes comunicados para crear confusión entre os cadros de persoal, as traballadoras e traballadores
de Telemárketing ratificaron coa súa participación nesta segunda xornada de folga o apoio
ás reivindicacións dos sindicatos presentes na mesa de negociación estatal do III Convenio
Colectivo.
De novo a Folga na Galiza
ten unha repercusión equiparable ao resto do Estado, que a falta de concretar os datos se situaría
ao redor dun 93%, o que demostra que as traballadoras e traballadores do sector non se deixan manipular nin pola
patronal nin polas manobras dos sindicatos pactistas.
A patronal segue mantendo a súa actitude
prepotente que non dá resposta as solicitudes sindicais encamiñadas á profesionalización
e dignificación do sector.
As demandas dos traballadores/as neste convenio
son:
- Estabilidade no emprego.
- Estabilidade nos horarios.
- Suba salarial digna que permita recuperar o poder
adquisitivo perdido.
- Redución da contratación a tempo
parcial.
- Garantía de permanencia no posto de traballo
cando exista sucesión de empresas.
- Redución da xornada que permita conciliar
a vida familiar coa laboral.
- Regulación das cargas de traballo.
- Redefinición das categorías profesionais.
A patronal ten que entender que os empregados
e empregadas deste sector non van permitir que se sigan conculcando os seus dereitos e a súa dignidade como
persoas. Malia que a escravitude xa foi abolida, estas empresas pretenden reinstaurala. Non se lle vai permitir.
|