ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 28 de decembro de 2004

Os accidentes de traballo graves e mortais, unha lacra insoportable para Galiza
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Clic para aumentar
Equiparar o número total de accidentes metendo no mesmo saco os leves, graves e mortais, sumando aos 46.190 que tiveron unha baixa médica de máis dun día e no que o 93 % foron recuperados para o seu traballo habitual despois de 15 días de baixa como media, cos que morreron ou remataron co accidente a súa vida laboral pasando a engrosar as listas dos pensionistas por incapacidade, parécenos unha política cruel e de engano.
 
En recentes declaracións da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Belén Prado, os índices de sinistralidade no noso país melloraron, cifrando esta mellora nun 2,95 % sobre o número de accidentes totais do ano 2002. Este dato que a conselleira tratou como “magnífico”, agacha dunha maneira burda e manipulada o verdadeiro drama que padecemos en Galiza con relación aos accidentes de traballo. Esto é os accidentes graves e mortais, que son os que en definitiva deixan unha secuela de pensións de viudedade, orfandade, incapacidades, morte e destrucción.

Equiparar o número total de accidentes metendo no mesmo saco os leves, graves e mortais, sumando aos 46.190 que tiveron unha baixa médica de máis dun día e no que o 93 % foron recuperados para o seu traballo habitual despois de 15 días de baixa como media, cos que morreron ou remataron co accidente a súa vida laboral pasando a engrosar as listas dos pensionistas por incapacidade, parécenos unha política cruel e de engano, e así xustificar a non posta en marcha de políticas activas contra os elementos que causan tan elevado número de accidentes graves e mortais.

Das 17 Comunidades Autónomas estudiadas, estamos de número dous no lamentable ránking por número de accidentes mortais en xornada de traballo por cada cen mil persoas expostas ao risco. En Galiza, o índice de incidencia dos accidentes mortais foi no ano 2003 dobre que Cataluña, e máis do dobre que Canarias ou Madrid. Polo medio sitúase por exemplo Euskadi, cun índice de incidencia do 9,83 fronte ao 12,33 que padecemos no noso país.

Accidentes de traballo mortais - Índices de incidencia
Indice de incidencia de accidentes mortais en xornada de traballo, por Comunidade Autónoma [ (número de mortos / poboación afiliada á Seguridade Social) x 100.000 ]
 

Media poboación afiliada á Seguridade Social

Por cada cen mil traballadores afiliados á SS

Media
1994
2003

2003

1994

1995

1996

1997

1998

1999

2000

2001

2002

2003

Asturias

17,7

27,7

22,0

15,9

15,4

19,1

15,2

7,8

13,8

11,23

16,59

293.884

Galiza

16,2

17,5

16,5

17,3

17,9

16,9

18,5

12,4

13,3

12,33

15,89

762.193

Cantabria

12,6

18,4

13,4

18,6

11,6

14,4

17,8

13,9

10,3

14,43

14,55

159.383

Castela León

14,8

14,9

12,6

13,4

12,7

12,6

13,5

13,4

11,4

13,66

13,30

475.676

A Rioxa

13,7

13,4

13,1

18,2

13,3

20,2

17,9

10,3

13,4

2,13

13,56

93.887

País Vasco

12,2

14,2

15,9

12,6

15,5

13,8

13,2

9,7

11,5

9,83

12,84

692.030

Navarra

16,5

12,5

6,2

14,5

12,4

12,3

20,4

7,4

11,7

10,38

12,44

202.300

Aragón

12,6

15,3

11,2

9,6

11,6

9,4

11,7

11,2

10,9

8,05

11,17

397.748

Castela
A Mancha

13,9

9,7

12,8

12,2

14,9

9,3

10,2

8,9

9,9

6,94

10,87

677.418

Murcia

14,9

10,2

15,0

12,1

11,2

8,5

6,6

9,5

7,4

8,15

10,35

404.820

Comunidade Valenciana

10,7

8,3

9,0

11,0

8,2

7,7

9,2

7,5

8,1

8,53

8,83

1.395.071

Extremadura

8,9

7,8

10,3

9,1

8,7

4,8

11,5

7,0

10,8

8,15

8,69

294.494

Aandalucia

9,5

8,4

7,5

8,6

8,3

9,4

6,9

7,5

6,9

7,17

8,02

2.288.228

Cataluña

8,4

8,3

7,2

8,9

7,8

8,5

6,5

6,7

7,7

6,15

7,62

2.453.412

Canarias

8,3

7,1

7,5

6,8

6,7

8,4

9,0

4,9

6,3

5,46

7,05

604.571

Madrid

7,4

5,9

7,1

6,9

6,9

6,0

5,7

6,2

5,8

5,22

6,30

2.163.690

Baleares

8,0

5,7

7,8

3,0

6,0

3,3

6,2

6,6

1,0

2,90

5,04

310.302

Ceuta

10,2

20,1

10,2

10,0

-

17,3

-

23,0

7,2

20,83

11,88

14.400

Melilla

11,6

-

-

20,1

29,2

-

17,3

-

24,3

0,00

10,24

12.546


Fonte: Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Como podemos observar nas táboas anexas, co análise dos últimos dez anos, o índice de incidencia dos accidentes mortais en xornada de traballo nas Comunidade Autónomas apréciase unha tenue tendencia á baixa, sobre todo a partir dos anos 1999-2000, debido a que efectivamente o conxunto da sociedade está tendendo a ter en consideración o accidente de traballo como un obxectivo a resolver e, como non, o traballo da “Fundación para la Prevención de Riesgos Laborales” e a incidencia sindical no tema da sinistralidade está tendo, aínda que lentamente, gran importancia nos centros de traballo.

Accidentes laborais en Galiza
-
-

1994

1995

1996

1997

1998

1999

Mortais
Agricultura

3

3

4

4

7

4

Mar

23

17

18

20

28

19

Industria

19

27

31

23

20

17

Construcción

28

22

22

26

24

35

Servizos

22

29

25

30

40

44

Total

95

98

100

103

119

119

Índ. Incidencia

16,2

17,5

16,5

17,3

17,9

16,9

Graves
Agricultura

124

113

117

142

130

162

Mar

64

69

63

58

73

68

Industria

207

200

201

205

168

218

Construcción

198

199

176

204

202

210

Servizos

250

242

209

219

225

271

Total

843

823

766

828

798

929

Leves
Agricultura

854

973

926

1.031

1.204

1.211

Mar

1.855

1.906

1.950

2.036

2.186

2.015

Industria

9.131

10.337

10.576

11.296

12.569

13.610

Construcción

6.858

7.777

7.932

8.147

9.027

10.671

Servizos

7.001

7.834

8.518

9.450

10.713

12.853

Total

25.699

28.827

29.902

31.960

35.699

40.360

 

2000

2001

2002

2003

1994
2003

xan/out
2004

Mortais
Agricultura

5

5

5

1

41

4

Mar

35

28

8

14

210

22

Industria

21

13

23

26

220

12

Construcción

19

20

30

27

253

14

Servizos

44

33

36

26

329

24

Total

124

99

102

94

1.053

76

Índ. Incidencia

18,5

12,4

13,3

12,33

   
Graves
Agricultura

135

138

146

129

1.336

115

Mar

69

67

77

83

691

97

Industria

204

237

205

271

2.116

200

Construcción

210

251

233

269

2.152

264

Servizos

231

257

247

254

2.405

251

Total

849

950

908

1006

8.700

927

Leves
Agricultura

1.195

1.349

1.422

1.378

11.543

1.175

Mar

2.032

2.007

1.823

1.628

19.438

1.659

Industria

13.720

15.087

15.336

14.933

126.595

12.635

Construcción

11.117

12.183

12.552

11.902

98.166

9.874

Servizos

14.553

15.770

16.461

16.349

119.502

13.103

Total

42.617

46.396

47.594

46.190

375.244

38.446


Fonte: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

É polo que dende a CIG insistimos en que unicamente estamos sendo beneficiarios da tendencia global, e como se pode apreciar nos cadros estatísticos mantemos as notables e dramáticas diferencias entre as Comunidades Autónomas que si reduciron drasticamente, dende hai dez anos, os índices de incidencia nos accidentes mortais.

O caso galego sempre foi xustificado dende a Administración cada vez que un desastre marítimo da nosa flota pesqueira eleva drasticamente o número de mortos cun só accidente. Efectivamente o sector do mar está fortemente castigado e por esa razón necesitamos mecanismos propios, mecanismos concretos adaptados a esa situación. Sen embargo analizados dez anos estamos nunha crise estructural que golpea ano tras ano, todos os anos. Situación similar aparece no sector da construcción onde nin sequera existe o argumento do gran desastre marítimo. 1.053 mortos en dez anos, dos cales 210 no sector do mar e 253 no sector da construción son algo máis crudo e real que o 2,95 % manifestado pola señora conselleira.

Enténdese este lamentable índice de mortalidade nos centros de traballo como resultado da non posta en marcha do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, no que o máis que se avanzou foi cun cambio de denominación dos Gabinetes Provinciais transferidos dende 1982. Este ano 2005 contarán con máis recursos, aínda que sendo tantas as carencias quedan estes recursos moito máis atrás do que vimos reivindicando as organizacións sindicais.

E por se isto fora pouco, a un mes escaso de manifestar a conselleira Belén Prado que contaba coa equipa de traballo constituída principalmente polo director xeral de Relacións Laborais e a subdirectora xeral de Seguridade e Saúde Laboral, hoxe estamos á espera de que se configure a Dirección Xeral de Relacións Laborais no referente á Seguridade e Saúde Laboral, xa que inexplicablemente a equipa está sendo sustituída, e esta situación colabora e afianza o atraso que vimos arrastrando ano tras ano e non permite a posta en marcha de políticas concretas que consigan cambiar a tendencia dunha maneira radical e que no caso galego necesita que sexa a curto prazo.


Gabinete Técnico de Saúde Laboral.
Confederación Intersindical Galega.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 28/12/2004
cig.informatica