ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 6 de decembro de 2004

A mobilización enmárcase na campaña que desenvolve a CIG a nivel nacional
Para denunciar a precariedade laboral, delegados da CIG de Banesto concéntranse na sucursal de Carballo

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Clic para aumentar
Os representantes sindicais denunciaron a precariedade laboral que padece o conxunto do sector, e en particular, a extensión ilegal de horarios que padecen os traballadores que desenvolven a súa actividade en Banesto. (Foto: ©galizacig.com 02/12/2004).
 
Delegados da sección sindical CIG de Banesto, acompañados por outros membros da Federación da Banca, concentráronse o pasado 2 de decembro diante da sucursal desta entidade en Carballo.

Os representantes sindicais denunciaron a precariedade laboral que padece o conxunto do sector, e en particular, a extensión ilegal de horarios que padecen os traballadores que desenvolven a súa actividade en Banesto. Ademais, demandaron o cumprimento do convenio e da lexislación vixente.

Esta mobilización enmárcase na campaña contra a precariedade laboral que está a levar a cabo a nivel nacional tanto a Federación da Banca como, no resto dos sectores, a Confederación Intersindical Galega. A sección sindical CIG de Banesto xa convocou concentracións, ao longo do pasado e do presente mes, en A Estrada, Lugo, Ourense, na dirección rexional de Santiago e esta última de Carballo.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 06/12/2004
cig.informatica