ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 31 de decembro de 2004

Desmarque vergoñento de CCOO e UGT
Última xornada de Folga das convocadas en decembro polo Convenio de Telemárketing en A Coruña

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Clic para aumentar
Clic para aumentar
A xornada estivo marcada polo desmarque vergoñento de CCOO e UGT desta mobilización, ante o fracaso da súa negociación trapichera coa patronal, ás costas dos demais sindicatos. (Fotos: ©galizacig.com, A Coruña 30/12/2004).
 
O día 30 de decembro, cunha concentración diante da empresa “Atento”, a maior empresa do sector de Telemárketing na Galiza, pecháronse as mobilizacións convocadas para o mes de decembro na loita por un Convenio Digno para este sector.

A xornada estivo marcada polo desmarque vergoñento dos sindicatos CCOO e UGT desta última mobilización, ante o fracaso da súa negociación trapichera coa patronal, ás costas dos demais sindicatos.

Aínda así, á CIG e a CGT decidiron non desconvocar a folga para que o persoal do sector tivera a oportunidade de dar unha contestación á patronal e, ao mesmo tempo, denunciar as actuacións de CCOO e UGT, que están levando a negociación do convenio a unha situación sen saída.

Despois dun ano de conflito, e a pesares do entreguismo destes dous sindicatos, os feitos confirman que a loita por un Convenio Digno para o sector de Telemárketing sigue en pé.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 31/12/2004
cig.informatica