|
Actualidade CIG-Comunicación-
Para a CIG resulta tamén preocupante que, malia rebaixarse en dous puntos, con respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (IV trimestre), a taxa de desemprego feminina pasando do 19,45% ao 17,11% esta siga sendo de practicamente o dobre que a masculina, do 8,9%. Neste sentido, cabe destacar tamén que con respecto ao mesmo trimestre do ano 2003 (IV), no que a taxa de paro masculina era do 8,7%, no ano 2004 esta sufrira un incremento de dúas décimas, pasando a ser do 8,9%. Estes datos veñen confirmar que a situación do emprego en Galiza non muda e que “as políticas de creación de emprego da Xunta están fracasadas”, afirma Suso Seixo, secretario xeral da CIG. Seixo destaca tamén que se están subvencionando teóricas políticas de contratación indefinida que benefician aos empresarios pero que non dan os resultados previstos, xa que non se soluciona o problema da temporalidade. Ademais os datos, constatan “o abandono da Xunta de Galiza dos sectores produtivos galegos, que son os que poderían estar creando emprego e que, pola contra, se están desmantelando, co que nin se crea emprego nin se reduce o desemprego existente”. |
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 31/01/2005 |