ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 14 de xaneiro de 2005

Manifestación o venres 21 ás 11:30 diante do Pavillón de Deportes
A CIG convoca mobilizacións en Ourense pola industrialización

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Clic para aumentar
Os traballadores de Valeo manifestáronse polas rúas de Compostela, o 29 de decembro de 2004, para que á Xunta busque solucións ao peche da planta desta multinacional en Ourense, o que provocará a perda de máis de 1.500 postos de traballo. (Fotos: @galizacig.com, 29/12/2004).
Clic para aumentar
Os 50 traballadores e traballadoras de Mobles Cordeiro, arroupados por unha representación da CIG, concentráronse o 5 de novembro de 2004 ante as portas do Concello de Ourense. (Foto: @galizacig.com, 05/11/2004).
 
A CIG fai un chamamento á mobilización da clase traballadora, das organizacións sociais e do conxunto da cidadanía para exixir aos gobernos local, nacional e estatal un compromiso político que garanta as medidas necesarias para mudar a situación de progresiva desindustrialización que padece Ourense. Convócase manifestación para o próximo día 21, ás 11:30 horas, con saída do Pavillón de Deportes.

A provincia de Ourense ocupa o primeiro lugar de Galiza en canto a número de parados e paradas. O desemprego afecta máis á mocidade e a poboación feminina. Esta situación vaise agravar proximamente cos peches tanto de Valeo como de Muebles Cordeiro e coa deslocalización do sector da industria textil que xa ten provocado a desaparición de moitos postos de traballo.

A falta de investimentos da Xunta de Galiza; o pasotismo da Deputación de Ourense, subordinada a intereses partidistas; a marxinación do Goberno de España nos orzamentos xerais do Estado e unha clase empresarial que non pensa en clave de país, son as causas que condenan a Ourense a ter as cotas de paro actuais e, como consecuencia, precariedade laboral e emigración.

A CIG reclama un plano industrial efectivo que facilite e promova a creación de emprego fixo e de calidade e unha lexislación agresiva contra os peches fraudulentos -caso Valeo- así como a intervención pública daquelas empresas con viabilidade produtiva -caso de Muebles Cordeiro-.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/01/2005
cig.informatica