|
Actualidade CIG-Comunicación-
Pártese de que os Centros especiais de Emprego sen e con ánimo de lucro, son centros de traballo produtivos e, como tales, terán a mesma Acción Sindical que calquera outra empresa. Ademais, cada federación terá autonomía para estabelecer a Acción Sindical que considere oportuno en cada CEE do seu sector, poñendo especial interese para que nestes centros se cumpra a Normativa Laboral Vixente. Aínda que hai un Convenio Colectivo de CEE de ámbito galego, cada federación, facendo uso da súa autonomía de actuación, abrirá negociacións para que nestes centros de traballo se lles aplique o convenio do sector, sempre e cando, este sexa mellor que o anterior. Cada federación vixiará para que nos CEE se cumpra a normativa de Seguridade e Hixiene Laboral. A CIG instará a Xunta de Galiza para que se constitúan os Equipos de Valoración, recollidos na normativa vixente de CEE. Ademais comprométese a loitar para conseguir a plena integración e equiparación socio laboral incidindo en que todo traballador/a discapacitado é un traballador de plenos dereitos. Esta comisión terá carácter permanente e reunirase ao menos unha vez cada 2 meses, para analizar o grao de cumprimento destes dereitos no sindicato. A CIG ampara e respecta os dereitos dos traballadores/as discapacitados. A central sindical loitará contra a precariedade dos traballadores/as discapacitados, esixirá na contratación os mínimos legais (2% do cadro de persoal en empresas de máis de 50 traballadores/as) e promoverá que nos convenios colectivos se recolla a obrigatoriedade de contratar un 5% dos traballadores/as discapacitados naquelas empresas que teñan a obriga de facelo, nas administracións locais, provinciais e autonómicas. A CIG dentro das súas posibilidades, eliminará as barreiras arquitectónicas nos seus locais, para facilitar o aceso dos traballadores/as discapacitados ao sindicato. |
|||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 31/01/2005 |