ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 25 de xaneiro de 2005

A CIG participa no Foro Social Mundial de Porto Alegre
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Clic para aumentar
A CIG participou en todos os encontros que se realizaron do Foro Social Mundial, o último deles na cidade India de Mumbai. (Foto: FSM Mumbai, ©Antônio Milena/ABr 16/01/2004).
 
Entre os días 26 e 31 de xaneiro celébrase na cidade de Porto Alegre o Foro Social Mundial, ao que acoden miles de organizacións sociais e activistas de todo o mundo que se opoñen á globalización e ás políticas neoliberais.

A CIG participou en todos os encontros que se realizaron do FSM, o último deles na cidade India de Mumbai. Este ano o Foro retorna á capital de Río Grande do Sul, o máis austral dos estados do Brasil.

Por parte da CIG acoden ao evento Manuel Mera, secretario confederal de Formación Sindical e Migración, e Xesús Ramón González Boán, director do Departamento de Relacións Internacionais da central.

A CIG estará presente, entre outros eventos, o día 28 de xaneiro nun seminario sobre “A crise do capitalismo, a ofensiva neoliberal contra o traballo e a resposta do movemento sindical” na que participan ademais CTC (Cuba), CGTP (Portugal) e UNT (Venezuela). O moderador é un membro da Corrente Sindical Clasista (CUT, Brasil).

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/01/2005
cig.informatica