|
Actualidade CIG-Comunicación-
Os traballadores de Arriva demandan a mellora das súas condicións laborais e denuncian a perda de 85 postos de traballo na empresa, ao non substituírse aos traballadores prexubilados e non renovarse os contratos temporais. Apúntase mesmo a posibilidade de que este recorte do cadro de persoal podería supor unha regulación de emprego encuberta. Na vez de realizar novas contratacións, a CIG denuncia que se está recorrendo a subcontratas e a empresas “piratas” que prestan o servizo de transporte escolar con traballadores nunhas condicións laborais lamentábeis. Estas empresas teñen condutores que realizan máis horas das permitidas e non poden disfrutar dos descansos que lles corresponden. Ernesto López, representante da CIG sinala ademais que se se fixese unha inspección de tacógrafos “algúns irían ao cárcere”. A folga irá acompañada dun peche na Dirección Xeral de Transportes, pola súa deixadez de funcións, xa que non intentou frear a situación na que se atopa esta empresa. A Dirección Xeral permite que as empresas concesionarias de servizos que presta a Xunta fagan o que lles peta. |
||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 15/01/2005 |