ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 28 de xaneiro de 2005

Rematou o IV Foro Sindical Mundial e iniciouse o V Foro Social Mundial
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Clic para aumentar
Partidos políticos e organizacións sindicais encheron a manifestación cun mar de bandeiras vermellas.
Clic para aumentar
Unha bandeira patriótica “saúda” á manifestación desde a xanela do Horel Savoy.
Clic para aumentar
Numerosas organización sindicais de todo o mundo participaron activamente na marcha inaugural do V FSM. (Fotos: ©Moncho Boán 26/01/2005).
 
O 26 de xaneiro ao mediodía foi clausurado o IV Foro Sindical Mundial que, como ven sendo habitual, celébrase nos días previos ao Foro Social. A convocatoria realizada conxuntamente pola CES (Confederación Europea de Sindicatos), a CIOSL (Confederación Internacional de Organizacións Sindicais Libres) e a CMT (Confederación Mundial do Traballo) congregou a unha amplísima representación sindical de todos os continentes.

O lema escollido “A unidade dos traballadores, por un mundo xusto e solidario” fala ben ás claras do contido do Foro Sindical. As dúas organizacións sindicais mundiais convocantes do Foro Sindical están envoltas nun proceso que pode desembocar na creación, previa disolución de ambas as dúas, de unha nova organización sindical mundial. O Foro Sindical serviu para que moitas organizacións expresasen a súa opinión sobre o particular.

Fíxose fincapé na necesidade de garantir a pluralidade e a democracia interna; reiterouse o chamamento para que se incorporen ao proceso de discusión as centrais non afiliadas internacionalmente e reclamouse para elas un papel activo nos debates e na formulación de propostas. A CIG, na súa intervención, puxo especial énfase en que a nova organización mundial integrase no seu seo á totalidade das centrais sindicais que así o desexasen.

A partir das seis da tarde, unha gran manifestación reivindicativa e chea de colorido partiu do centro da cidade para finalizar no espazo no que se desenvolven as actividades do Foro Social Mundial. Eliminado nesta edición do Foro o acto oficial de inauguración, a manifestación pasou a cumprir esta función. A interpretación xeralizada é a de que se evitou a inauguración formal para impedir que o alcalde de Porto Alegre e o gobernador de Río Grande do Sul sacaran réditos políticos e sociais a unha iniciativa que nunca foi do seu agrado.

Ao final da marcha, un macroconcerto nocturno que contou, entre outras moitas, coas actuacións de Gilberto Gil (actual ministro de Cultura do Brasil) e Manu Chau.

O 28, a partir das 8:30 horas, póñense en marcha as máis de 2.400 actividades do máis variado tipo que se van a realizar ata o luns, día de clausura do V Foro Social Mundial.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 28/01/2005
cig.informatica