ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 3 de febreiro de 2005

Constituída a Mesa Negociadora do XX Convenio Colectivo da Banca Privada
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Clic para aumentar
CIG, ELA e LAB tamén achegaron á Mesa un escrito solicitando a constitución das Mesas Negociadoras en Galiza e en Euskalherría (Comunidade autónoma do País Vasco xunto coa Comunidade Foral de Navarra), para negociar convenios colectivos da Banca privada nos ditos ámbitos. (Foto: Manifestación da Federación da Banca da CIG na cidade de Ourense “Por un convenio galego ¡xa!”, 19/12/2003 ©Fernando Pol).
 
O día 2 de febreiro, constituíuse en Madrid a Mesa Negociadora do XX Convenio Colectivo da Banca Privada. Os sindicatos CIG, ELA e LAB mostraron a súa desconformidade co reparto e distribución proporcional da representación, defendendo o criterio de toma de acordo por número de membros na Mesa e non pola porcentaxe que se aplica.

CIG, ELA e LAB tamén achegaron á Mesa un escrito solicitando a constitución das Mesas Negociadoras en Galiza e en Euskalherría (Comunidade autónoma do País Vasco xunto coa Comunidade Foral de Navarra), para negociar convenios colectivos da Banca privada nos ditos ámbitos.

A patronal da banca, AEB (Asociación Española de Banca), vén de anunciar nesta primeira reunión que pagará os atrasos correspondentes á desviación do IPC do ano 2004, malia que non estaba obrigada polo anterior acordo asinado en solitario por CCOO e UGT. Con este xesto cara ao persoal do sector, trata de facer esquecer os 15 anos consecutivos de perda salarial, e tentan enfocar a negociación de xeito tranquilo e sosegado despois do alto grao de conflitividade do ano 2003.

Equivócase a AEB se pensa que cun 0,7% de suba salarial as traballadoras e traballadores do sector renunciarán ás súas xustas reivindicacións.

A vindeira reunión celebrarase o día 10 de febreiro e nela serán presentadas as plataformas reivindicativas dos sindicatos.

 
 
 
pdfComunicado nº 1, Constitución da Mesa Negociadora do XX Convenio

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 03/02/2005
cig.informatica