|
Actualidade CIG-Comunicación-
O Colectivo de afectados, organizados en torno á CIG, representa ao 80% dos afectados directos e manifesta que non está disposto a que a Autoridade Portuaria siga realizando clandestinamente reunións por este tema sen contar con eles. Ademais, afirman que tampouco están dispostos a tolerar que nesas reunións clandestinas actúen como representantes seus “persoas que non están outorgadas con poder nin teñen lexitimidade para representarnos”. Tanto os percebeiros como o colectivo de baixura manifestan que nos próximos días, de persistir esta actitude prepotente da Autoridade Portuaria, “definiremos un calendario de actuacións para facer valer os nosos dereitos e para exixir que a Autoridade Portuaria abra paso para indemnizar os graves prexuízos e danos que para o noso colectivo supón a obra do Porto Exterior”. |
|||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 26/02/2005 |