ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 11 de febreiro de 2005

Sete biografías de galegos que son referentes políticos e sindicais en América Latina
Preséntase o libro “Galegos no sindicalismo americano”, de Lois Pérez Leira

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Clic para aumentar
“Galegos no sindicalismo americano” de Lois Pérez Leira, é un libro de carácter divulgativo que está á venda en todos os locais da Confederación Intersindical Galega (CIG) polo simbólico prezo de 2 euros.
 
“Galegos no sindicalismo americano” é unha escolma de sete personaxes representativos das loitas dos traballadores galegos concienciados política e socialmente que chegaron a América a finais do século XIX e comezos do XX.

Xurxo Martínez Crespo, presidente da Federación de Asociacións de Emigrantes Galegos Retornados, Manuel Domínguez, presidente da Asociación de Retornados Marusía e Lois Pérez Leira, autor do traballo, presentaron o xoves 10 de febreiro, na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, o libro Galegos no sindicalismo americano. A obra foi editada pola Asociación Galega de Emigrantes Retornados, AGER, coa colaboración da Fundación para a Divulgación e o Estudo da Cuestión Social e Sindical, FESGA, e a Confederación Intersindical Galega, CIG.

Xurxo Martínez Crespo, coñecedor da obra de Lois Pérez Leira retrata o libro así:

Galegos no sindicalismo americano é unha escolma de sete personaxes representativos das loitas dos traballadores galegos conscienciados política e socialmente que chegaron a América a finais do século XIX e comezos do XX.

Sete biografados pouco coñecidos ou totalmente descoñecidos na Galiza que son hoxe referentes dentro das loitas obreiras e do sindicalismo latinoamericano. Manuel Fandiño, Santiago Iglesias Pantín, José María Montero, Francisco Pérez Leirós, Xosé Rego López, Antonio Soto Canalejo e Adrián Troitiño conforman esta escolma de revolucionarios galegos en América.

  Clic para aumentar
Xurxo Martínez Crespo (á esquerda na foto), presidente da Federación de Asociacións de Emigrantes Galegos Retornados, Manuel Domínguez (á dereita), presidente da Asociación de Retornados Marusía e Lois Pérez Leira (no centro), autor do traballo, presentaron o xoves 10 de febreiro, na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, o libro “Galegos no sindicalismo americano”. (Fotos: ©galizacig.com 10/02/2005).
Clic para aumentar
“Galegos no sindicalismo americano” é unha escolma de sete personaxes representativos das loitas dos traballadores galegos conscienciados política e socialmente que chegaron a América a finais do século XIX e comezos do XX. Sete biografados pouco coñecidos ou totalmente descoñecidos na Galiza que son hoxe referentes dentro das loitas obreiras e do sindicalismo latinoamericano. Manuel Fandiño, Santiago Iglesias Pantín, José María Montero, Francisco Pérez Leirós, Xosé Rego López, Antonio Soto Canalejo e Adrián Troitiño conforman esta escolma de revolucionarios galegos en América.
 
Estes loitadores, fundadores de sindicatos, de xornais obreiros que sufriron cárcere e exilio, que viviron na clandestinidade e en movemento incesante entre as fronteiras da Arxentina, Brasil, Uruguai, Cuba, Porto Rico e Chile.

Se cadra, a importancia destes loitadores galegos en América é a de importar ideas políticas descoñecidas e avanzadas para a época. Xunto aos galegos foron importantes as comunidades conscienciadas de italianos formados no sindicalismo de finais do século XIX e comezos do XX, entre ambos grupos de emigrados, galegos e italianos, deron inicio a moitos movementos políticos arxentinos e uruguaios de esquerda. Cómpre dicir que o Partido Comunista máis antigo de América, é precisamente o arxentino.

Unha serie de leis restritivas, como a Lei de Residencia, perseguían e reprimían as ideas anarquistas e comunistas. Foron moitos os expulsados da Arxentina, do Brasil, de Uruguai, a meirande parte galegos, en aplicación desta lei.

Estas ideas que foron sementadas en América, foron, despois reforzadas coa chegada da II República española. Así un lider obreiro como o sadense Ramón Suárez Picallo, é elixido deputado pola emigración nas Cortes republicanas en 1931. Suárez Picallo fundara na Arxentina o Sindicato de Empregados de Comercio.

Moitos destes loitadores galegos máis tarde foron vítimas dos distintos gobernos militares xenocidas de América, uns como os arxentinos das revoltas na Patagonia ou nas desaparicións dos setenta dos gobernos do Río da Prata, Brasil e Chile.

A pegada destes galegos na formación dos partidos políticos progresistas de Latinoamerica e a súa influencia , o seu estudo e o seu coñecemento por parte de todos os galegos da Galiza é un anceio é un intento que hai anos o investigador Lois Pérez Leira e organizacións como AGER e a Confederación Intersindical Galega (CIG) veñen promovendo, porque un país que non coñece a súa historia está condenado a repetila.

Galegos no sindicalismo americano de Lois Pérez Leira, é un libro de carácter divulgativo que está á venda en todos os locais da Confederación Intersindical Galega (CIG) polo simbólico prezo de 2 euros.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 11/02/2005
cig.informatica