|
Actualidade / Opinión
Santiago, 18 de febreiro de 2005
DESDE
O VENTRE
DA BALEA
A Comisión de Investigación do Parlamento Galego sobre o “Prestige”: nada é o que parece
Resulta máis que incomprensíbel que
na Comisión de Investigación do “Prestige” non vaia haber ningunha comparecencia de responsábeis
da Administración central, tanto do anterior Goberno do PP como actual Goberno do PSOE. Nin sequera os ministros
e exministros das carteiras de Medio Ambiente, Pesca e Fomento van participar dos debates e conclusións
da Comisión, nunha crise xestionada case con exclusividade desde as competencias e a responsabilidade do
Goberno do Estado.
| |
 |
| Tampouco será comparecente na Comisión
de Investigación da catástrofe do “Prestige” creada no Parlamento galego o exdelegado do Goberno,
Arsenio Fernández de Mesa, quen foi un dos elementos chave da nefasta xestión do Goberno central
e da interesada visión informativa que se transladaba á sociedade galega do que estaba a acontecer.
E o curioso disto, é a coincidencia entre o PP e o PSOE no Parlamento galego por evitaren estas comparecencias,
que si se reclamaban desde o outro grupo presente na Cámara, o BNG. |
| |
Coa presenza estelar do conselleiro de Pesca da Xunta
de Galiza, López Veiga, comezou o pasado luns 14 de febreiro a quenda de comparecentes da Comisión
de Investigación da catástrofe do “Prestige” creada no Parlamento galego.
Esta Comisión de Investigación xa
nacera como tal dous anos antes, mais a maioría parlamentaria do Partido Popular optou por impedir o seu
normal funcionamento e finalmente por dala por morta e enterrada. De feito, foi unha recente sentenza do Tribunal
Constitucional a que reabriu outra volta a Comisión para disgusto do PP e do propio presidente da Xunta,
quen tivo o delirio de cualificar de “sucursal de Nunca Máis” a devandita Comisión.
Sexa como for, esta Comisión acaba de botar
a andar, aínda que con bastante mal pé, como vimos de denunciar desde a plataforma cidadá
“Nunca Máis”. En primeiro lugar, porque tal como está montada a Comisión, en canto aos comparecentes,
ao formato das comparecencias e ao seu calendario, as súas posíbeis conclusións van estar
lonxe dos fins e dos obxectivos dunha auténtica Comisión de investigación, que determinase
as causas do accidente-catástrofe, que estabelecese medidas sobre as súas consecuencias, que propuxese
actuacións para evitar novos accidentes e que depurase as responsabilidades políticas que aínda
haxa que depurar; isto último por pura hixiene democrática.
| |
 |
| En espera da comparecencia de “Nunca Máis”
que será o vindeiro día 7 de marzo, o único rescatábel da Comisión, por parte
dos comparecentes que até o de agora asistiron -de momento, só conselleiros e exconselleiros do PP-
son unhas palabras de Xosé Cuíña nas que recoñecía que a el persoalmente lle
tivese gustado... ir ás manifestacións de “Nunca Máis”! |
| |
É obvio que é nula a vontade do Partido
Popular e do Goberno da Xunta de Galiza por que esta Comisión contribúa ao antedito. De aí
que “Nunca Máis” xa apuntase nestes días que, de seguir así, a Comisión ía camiño
de se converter nunha farsa, nun instrumento totalmente inservíbel e carente de sentido.
Resulta máis que incomprensíbel,
por exemplo, que non vaia haber ningunha comparecencia por parte dos responsábeis da Administración
central, tanto do anterior Goberno do PP como actual Goberno do PSOE. Nin sequera os ministros e exministros das
carteiras de Medio Ambiente, Pesca e Fomento van participar dos debates e conclusións da Comisión,
nunha crise xestionada case con exclusividade desde as competencias e a responsabilidade do Goberno do Estado.
Tampouco será comparecente o exdelegado do Goberno, Arsenio Fernández de Mesa, quen foi un dos elementos
chave da nefasta xestión do Goberno central e da interesada visión informativa que se transladaba
á sociedade galega do que estaba a acontecer. E o curioso disto, é a coincidencia entre o PP e o
PSOE no Parlamento galego por evitaren estas comparecencias, que si se reclamaban desde o outro grupo presente
na Cámara, o BNG.
Seguindo coas eivas da Comisión, tampouco
non se entende que se primasen as opinións políticas de actuais Conselleiros, cunha extensión
temporal nas súas intervencións catro veces superior ás doutros comparecentes, por riba das
opinións dos técnicos, dos científicos, das xentes do sector, dos ecoloxistas ou da propia
plataforma “Nunca Máis”, que se terán que conformar con apenas 10 minutos de exposición e
5 minutos de réplica e contrarréplica a cada grupo parlamentario.
E o propio formato das comparecencias, sen quendas
pregunta-resposta, senón con intervencións xerais en nada favorece un deseño de contidos da
Comisión que a faga minimamente interesante e útil.
Así, asistimos a auténticos mitins
dos conselleiros, como o de López Veiga ou de Núñez Feijoo, enxalzando a suposta magnífica
xestión de Xunta e Goberno central na catástrofe do “Prestige” e esquivando calquera pregunta comprometida
das que se lles facían, como se xa comezara a campaña para os comicios galegos e eles estivesen en
plena disputa electoral. En fin, que aínda seguen instalados na propaganda e na irresponsabilidade.
En espera da comparecencia de “Nunca Máis”
que será o vindeiro día 7 de marzo, o único rescatábel da Comisión, por parte
dos comparecentes que até o de agora asistiron -de momento, só conselleiros e exconselleiros do PP-
son unhas palabras de Xosé Cuíña nas que recoñecía que a el persoalmente lle
tivese gustado... ir ás manifestacións de “Nunca Máis”!
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2005.
Rafa Villar é escritor e responsábel
do Departamento de Normalización Lingüística da CIG.
|