ActualidadeVolver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade


Vigo, 24 de febreiro de 2005

XX Convenio da Banca Privada
Comunicado nº 3
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Clic para aumentar
Convenio Galego, XA!
 
23-F: AEB dálle un “golpe” á negociación

Na reunión da Mesa Negociadora do día 23 de febreiro, a AEB anunciou que non presentará unha contraproposta e dedicou a maior parte do tempo a facer demagoxia sobre as distintas plataformas, con especial incidencia nalgún dos puntos defendidos pola CIG. Tamén indicou que está disposta a negociar cuestións que non impliquen un incremento dos custes nin un recorte na flexibilidade e na mobilidade.

Pasamos a relatar as súas contestacións:

Salarios

A patronal indicou que os salarios do sector de banca están por riba da media dos salarios do Estado. Para a CIG sería máis axeitado facer unha comparación cos salarios de outras entidades financeiras, como por exemplo as caixas de aforros.

Xornada

Esgrimen que a xornada de convenio está un 10% por baixo da xornada máxima legal. Sen comentarios.

Mobilidade

Á nosa petición para deixar sen efecto a mobilidade xeográfica na Galiza contestaron que queren máis.

Complemento de pensións para o persoal posterior ao ano 80

Solicitaron aclaracións ás nosas propostas. Darémoslle cumprida explicación cando estimemos oportuno.

Contratación

Din que a temporalidade no sector sitúase en torno a un 5%, estando por baixo das medias estatais e europeas, e incluso fixeron unha comparativa coa situación no sector da construción?? Agora ben, semella que para solucionar a baixa temporalidade están dispostos a facer máis uso dos contratos de circunstancias e dos de obra ou servizo.

Normalización lingüística

Á nosa petición para que se normalice o idioma galego, que lembramos que é oficial na Galiza, contéstannos que non é un problema de responsabilidade social, senón que só o farían se así o aconsellan os intereses comerciais das entidades. O desprezo destes señores para o noso idioma xa o coñeciamos e daremos cumprida conta á opinión pública galega da súa contestación.

Quedou claro pois que a patronal non ten ningún interese polo momento en entrar nunha negociación seria e argumentada, e como semella que lle gustan as datas simbólicas, despois deste golpe do 23 F, a vindeira xuntanza terá lugar o 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega.


Galiza, 23 de febreiro de 2005.

 
 
 
pdfDescarga, imprime e difunde.

 
Volver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 24/02/2005
cig.informatica