|
Actualidade CIG-Comunicación-
Máis de 500.000 persoas están a participar desde a tarde do 28 de febreiro de inunmerábeis festas populares, concentracións, concertos musicais... As 12 da noite, na hora cero desta nova etapa uruguaia, miles de bombas de palenque e fogos artificiais atronaron a iluminaron a noite de Montevideo por máis dunha hora. As organizacións políticas, sindicais, sociais, veciñais, culturais chamaron á poboación a participar nesta repetición da “vixilia” de aninovo para celebrar a entrada nun Uruguai novo. O día de onte, os xornais esgotáronse a media mañá e no día de hoxe só hai prensa para os que a deixaron reservada expresamente nos quiosquos. Declarado día festivo, a poboación está exultante e disposta a crer que o Uruguai vai ser distinto a partir de agora. Xefes de estado e de Goberno, presidentes dos máis variados países, delegacións partidarias, sindicais e institucionais de todo o mundo están a ser testemuñas desta festa da ilusión. Hugo Chaves, Fidel Castro e, en menor medida, Lula son as estrelas destes días. Os tres van quedar en Montevideo un día máis para protagonizar distintos actos en horarios diferenciados que permitan á xente poder asistir a todos eles. Hai uns meses morreu Líber Seregni, fundador en 1971 e máximo dirixente da Fronte Ampla. A Fronte, integrada por diversos partidos e organizacións de esquerda con moi diferentes perfiles ideolóxicos, foi ampliando o seu abano mediante a incorporación de outras correntes de pensamento ate chegar a conformar a fórmula que levou a Tabaré á presidencia. Fronte Ampla –Encontro Progresista- Nova Maioría é a denominación actual desta estructura que, coalición e movemento, vai máis alá dunha coalición electoral pero non se constitúe en organización partidaria unificada. Catro veces candidato á Presidencia da República; membro do Partido Socialista Uruguaio, organización que pertence á Fronte Ampla desde os primeiros momentos desta; intendente (alcalde) de Montevideo en representación da Fronte; profesional prestixioso da medicina, Tabaré foi “moderando os seus prantexamentos políticos e, como líder da Fronte, propiciou o corremento da organización cara posicións máis centristas no espectro político”. |
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 01/03/2005 |