|
Actualidade
Santiago, 23 de marzo de 2005
Resumo por sectores
A precariedade e sobreexplotación da forza do traballo en Galiza
METAL
1. SIDEROMETALURXIA
Datos
- Número de traballadores: 42.300 (afectados
por convenios provinciais).
- Contratos indefinidos: 62%.
- Contratos temporais: 38%.
- Salario medio: 11.900 / 14.100 euros ao ano.
2. AUXILIARES DE AUTOMOCIÓN
Datos
(convenios de empresa, maioritariamente)
- Contratos indefinidos: 75%.
Subcontratas das auxiliares
- Contratos indefinidos: 30%
- Media de idade: por debaixo dos 30 anos.
- Contratos: maioritariamente por obra.
- Xornada: 10 horas diarias.
- Perdoas que realizan este traballo a domicilio
(só na comarca de Vigo): 700-800 persoas.
3. REPARACIÓN E VENDA DO AUTOMÓBIL
- Traballadores: aprox. 14.500 persoas.
- Dous tipos de contratación.
- Nos concesionarios directos das marcas, estabilidade
para garantir a formación profesional suficiente.
- Ruptura xeracional na contratación de
mozos. Contratos temporais. Xornada de 10 horas diarias. Non se pagan horas extra.
- Nos talleres que non son concesionarios directos:
máis precariedade, menores retribucións, contratos a tempo parcial cobrando ilegalmente xornada completa.
4. INSTALACIÓN ELÉCTRICAS E
FONTANERÍA
- Contratación eventual superior ao 60%.
- Empresas con 4 a 10 traballadores (maioría).
- Importante entrada de emigrantes coa categoría
de axudantes (a máis explotada canto a salarios e tipo de contratación.
- Xornada laboral de 10-11 horas diarias retribuídas
no seu exceso a prezo inferior ao legal.
- Peóns: Non se lles compensa do sobre exceso
da xornada e das axudas de custo por comida, subtraéndolles do salario mensual cantidades superiores aos
600 euros.
- Contrato a tempo parcial gaña espazo como
modelo de fraude.
5. SECTOR NAVAL
- Diferenzas segundo se trate de cadro de persoal
directo ou de auxiliares.
- Nos estaleiros privados, sobre todo, o cadro
de persoal directo non supera o 15% da man de obra total.
- Nos estaleiros públicos ou privados: relacións
laborais lexisladas por convenios de empresa. Ausencia de precariedade e estabilidade no emprego.
Auxiliares
- 7.700 traballadores.
- Acollidos maioritariamente a convenios provinciais.
- Contratos por obra e especialidade relacionados
por barco.
- Contratación indefinida: inferior ao 30%
afectando basicamente á estrutura administrativa e de mandos.
- Operarios: Atopamos oficiais soldadores e caldeireiros
con relación laboral superior a 12 anos na mesma empresa encadeando contratos por obra (na mesma empresa
desdobrada en varias con distinto nome).
- Xornada laboral de 11 horas diarias (polas condicIóns
de traballo, importantes problemas de saúde dos traballadores).
- Salarios deficientes e baixas cotizacións
obrigan a prolongar ao máximo a vida laboral.
- Horas extras obrigatorias, por mor da contratación
temporal.
6. MONTAXE E INSTALACIÓNS DO ALUMINIO
- Empresa tipo de 10-30 operarios.
- Configuración da contratación idéntica
ás anteriores.
- Oficiais de certa antigüidade fixos; axudantes,
eventuais.
- Características da precariedade: superexplotación
das categorías máis baixas, obrigatoriedade de horas extras compensadas ou non a prezo inferior,
negativa ao disfrute de vacacións, ultimamente, aparición de contratos a tempo parcial con sobrexornada
non cotizada.
- Xornada diaria mínima de 10 horas.
7. INSTALACIÓNS DE TELEFONÍA
FIXA E MÓBIL
- As compañías basean a súa
competitividade na sobreexplotación dos traballadores, tanto de instalación como de telemárketing.
- Universo de pequenas empresas reguladas por convenios
provinciais.
- Totalidade do persoal contratado por temporalidade
ou obra.
- Xornada de entre 11 e 12 horas diarias.
- Salario en función de altas e instalacións
a modo de produtividade, media de 700 euros mensuais.
COMERCIO E SERVIZOS
- Ocupa a aprox. 180.000 traballadores/as.
- Salarios oscilan entre as distintas actividades
e provincias nos 9.370-12.500 euros/ano.
1. COMERCIO E ALIMENTACIÓN
- 25.200 traballadores/as (93% mulleres, menores
de 30 anos).
- Contratos indefinidos: 53%.
- Resto temporais, por acumulación de tarefas,
aprendizaxe e obra.
- Cadeas como DIA: contratación a tempo
parcial de 6 horas pero xornada de 11 horas/día.
- Exceso de sobrexornada non retribuída
supera as 45 h mensuais, máis de 10 horas semanais.
- Ausencia do día de descanso.
- Tarefas a maiores: venda, descarga e estiba de
mercadorías antes da apertura e limpeza das instalacións logo de finalizado o horario.
- Sobreexplotación sustentada na mobilidade
xeográfica, ameaza de traslado a dependencias e tendas de fóra da localidade (permite neutralizar
a organización sindical).
Empresas de servizos de reposición nos
grandes hipermercados e grandes almacéns
- Máis de 2.170 persoas, 97% mulleres
- Funcionan baixo esquema de ETTs.
- Aplican convenio de Merchandising
- Salarios inferiores a 600 euros.
- Conviven diferentes categorías de traballo
en escalas altamente irregulares.
- Persoal de reposición adscrito a marcas
concretas traballan en xornadas nocturnas.
- Atenden en xornadas de comercio as tarefas de
atención ao público.
- Repoñen toda mercadoría en ausencia
de persoal directo.
- Contratación por obra e maioritariamente
a tempo parcial.
- O centro principal obriga a realizar máis
horas das contratadas e a subcontrata négase a pagalas.
- A negativa a prolongar a xornada implica o despedimento
automático por parte dos encargados do centro principal.
2. HOSTALARÍA
- Ocupa a 32.100 traballadores/as rexistrados,
pero un 15% máis traballa de xeito informal en xornada completa, parcial ou fin de semana.
- Hoteis, bingos e balnearios, mellor regulados.
- Resto dos subsectores precariedade extrema:
- 70% de contratación eventual
- 15% sen contrato
- 25% con contratos a tempo parcial cubrindo xornada
máis longa.
- Está sendo lugar de recepción de
man de obra inmigrante.
- Xornada laboral: 9 horas diarias, 6 días
á semana sen diferenciar domingos e festivos.
- Non se compensan as xornadas nocturnas.
- Vacacións de 15 días máximo
ao ano.
- O exceso de xornada suma 800 horas traballadas
a maiores sen retribuír: un 45% da xornada legal.
3. COMERCIO TÉXTIL, PEL E MÓBILES
- 27.600 traballadores (85% mulleres mozas) en
convenios de ámbito provincial.
- Relevo continuo do persoal.
- Contratación eventual por acumulación
de tarefas.
- Plantel indefinido redúcese ao personal
con responsabilidade de cargo.
- Xornada laboral de 9 horas diarias ocupadas no
período de apertura ao público.
- Exceso de xornada non é compensada ao
persoal eventual.
- Salario medio de 600 euros mensuais.
Nas tendas e cadeas comerciais, explotación
máis intensiva: demandas de persoal menor de 20 anos, como aprendiz/a. Isto permite pagar por debaixo do
salario mínimo e cubrir a totalidade das 9 horas, cando a xornada legal non pode superar as 6 horas e 40
minutos. Traballos en sábados, domingos e festivos sen ser retribuídos.
4. COMERCIO DO METAL
- Ocupa a 11.100 traballadores/as.
- O subsector mellor regulado é o de venda
e administración en concesionarios de automóbil.
- Xornada laboral de 9 horas diarias e rotación
para a cobertura dos sábados pola mañá.
- Promedio de 30 horas mensuais por riba da xornada
pactada, compensada a prezo inferior ao legal.
- Abuso dos contratos de aprendizaxe e a tempo
parcial con sobreextensión da xornada legal.
- Suspéndese os días de descanso
semanal.
5. PERRUQUERÍAS
- 7.000 traballadores/as (85% mulleres).
- Oficial de 1ª: 600 euros brutos mensuais.
- Na "alta perruquería e cosmética"
agótanse os contratos en prácticas, retribuídos legalmente co 80% do salario.
- A sobrexornada prodúcese en fins de semana
e días previos a festivos, podendo acumular 36 horas de exceso ao mes, escasamente ou nada retribuída.
6. LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS
- 22.500 traballadores/as (87% mulleres).
- Convenios provinciais.
- Salarios entre 9.900 e 12.000 euros ao ano.
- Dúas realidades diferentes canto a condicións
de traballo:
- a) empresas concertadas con entidades públicas
(garantías laborais cubertas)
- b) empresas que traballan para centros privados.
- Acumulación de horas en limpeza de portais
para sumar unha xornada parcial.
- Contratación por 2 a 4 horas diarias (con
xornadas reais do dobre ou triple).
- Mulleres con 65 anos obrigadas a prolongar a
vida laboral para acadar o mínimo de cotización.
- Sobreexceso de xornadas reais por medio de contratos
a tempo parcial.
- Retribución inferior ao que corresponde
realmente.
7. SEGURIDADE PRIVADA
- 4.370 traballadores/as (87% homes).
- Eventualidade superior ao 47% do total.
- Convenio estatal que fixa salario promedio de
13.340 euros por ano.
- Escrupulosidade no cumprimento do pactado por
parte das empresas grandes (máis de 200 traballadores).
- Maior precariedade nas pequenas empresas con
4-15 traballadores:
- Contratos na categoría de auxiliar.
- Xornadas de 12 horas pagadas a 4 euros/hora onde
se inclúe a parte proporcional das pagas.
- Xornada semanal cun día de descanso, 72
horas incluíndo domingos e festivos que non se compensan a maiores.
8. RESIDENCIAS PRIVADAS PARA A TERCEIRA IDADE
E AXUDA DOMICILIARIA
- 3.790 traballadores (98% mulleres).
- Eventualidade estimada do 67%.
- Contratación por obra e acumulación
de tarefas.
- Salario promedio: 10.654 euros brutos/ano.
- Convenio asinado por CCOO en solitario que reduce
os salarios un 25% do total.
- Xornada laboral de 48 horas semanais: 8 horas,
seis días á semana, incluídos domingos e festivos non retribuídos.
- A contratación por obra ou acumulación
de tarefas prodúcese a tempo parcial durante a semana e completa e nas fins de semana para realizar xornada
de 30 horas.
- A xornada real en exceso non se compensa, polo
que os salarios percibidos para estes casos a tempo parcial están próximos ao SMI.
- A xornada laboral diaria supera as 8 horas. Non
se aboan os desprazamentos ao domicilio, polo que eses gastos máis o de compra de luvas e uniformes corre
a cargo da traballadora.
9. TELEMÁRKETING
- 4.700 traballadores/as aprox. Podendo chegar
a 6.000 por falta de rexistro real (72% mulleres maioritariamente menores de 30 anos).
- Na actualidade rexístrase a incorporación
de homes maiores de 45 anos desempregados e desaloxados de outras ocupacións.
- Salario medio de 10.500 euros /ano.
- 82% do persoal contratado temporal.
- Alta rotación en diferentes empresas.
Contratos por obra e a tempo parcial (+ do 50%).
10. OFICINAS E DESPACHOS
- 12.600 traballadores/as (69% mulleres).
- Convenio provincial agás en Ourense que
carece de negociación colectiva e aplica salarios de referencia ao SMI.
- Retribución media: 8.900 - 10.600 euros/ano.
- 42% contratación temporal, que se incorpora
ás categorías máis baixas (auxiliar)
- Contrato por obra, o máis común
e a tempo parcial.
- Sobreextensión de xornada sen retribuír.
- Promedio de 9-10 horas diarias.
- Nos períodos de liquidación de
impostos o incremento da xornada pode sobrepasar as 12 horas, e sábados, sen retribuír ou escasamente
compensada.
- Frecuente rotación do persoal entre empresas.
CONSTRUCIÓN, MÁRMORES, CARPINTARÍA,
SERRADOIROS E INDUSTRIAS EXTRACTIVAS
1. CONSTRUCIÓN
- 85.000 traballadores/as con convenios provinciais.
Man de obra case só masculina.
- Salarios promedio: 11.900 - 13.000 euros/ano.
- Contratación por obra: 83% do total.
- Empresas con entre 10-35 traballadores:
- Xornada de traballo a "obra feita".
- Sobresaturación do tempo de traballo.
- Xornadas diarias superiores ás 11 horas
incluíndo sábados e algúns domingos.
- Retribución inferior nun 25% ao tempo
traballado realmente.
- Non se respecta a dispensa por días de
descanso anual nin as vacacións.
- Xornada de 9 horas diarias.
- Recepción de man de obra inmigrante, normalmente
como peóns.
- A alta sinistralidade determina tamén
a precariedade: o sector rexistra o 11% de asalariados do país e rexistra o 30% do total de accidentes graves
e mortais anuais.
2. MÁRMORES E PEDRA
- 4.400 traballadores (só homes menores
de 30 anos, agás tarefas administrativas, un 5%).
- Salario promedio 12.700 euros anuais.
- Os contratos indefinidos non chegan ao 40%.
- Prevalece o contrato por obra.
- Xornada laboral de 45 horas semanais.
- Sobresatúrase o ciclo produtivo en quendas
sen distinguir sábados e domingos.
- Impacto na saúde pola intensidade da carga
de traballo e o medio altamente contaminante (silicose).
- O exceso de xornada non se compensa e supón
2.500 euros/ano que son subtraídos.
3. CARPINTARÍA E EBANISTERÍA
- Regulado por convenios provinciais.
- Ocupa a 8.100 traballadores (92% homes).
- Salario promedio 11.400 - 12.600 euros /ano.
- Contratos indefinidos: 75%
- Escasa precariedade.
4. REMATANTES E SERRADOIROS
- Ocupa a 5.200 traballadores/as regulados por
convenios provinciais (98% homes)
- Salario promedio: 9.200 - 10.200 euros por ano.
- As empresas de localidades próximas ás
grandes cidades cumpren convenio.
- As de zonas máis rurais manteñen
unha relación cos traballadores de alta individualizada polo réxime agrario e con salarios regulados
polo SMI.
5. LOUSA
- Convenio galego. 2.800 traballadores. Salario
promedio de 13.500 euros/ano.
- A especialización dos operarios é
factor de estabilidade, xa que as empresas concursan na busca de operarios e promoven unha competencia de oferta
salarial que eleva a retribución por convenio.
- A porcentaxe de eventualidade non chega ao 35%
e agrupa as categorías máis baixas.
- Xornada laboral de 9 horas tamén sábados,
compensadas a diferentes prezos (os mozos máis prexudicados).
ALIMENTACIÓN
- 26.300 persoas (74% mulleres).
1. PANADARÍAS E CONFEITERÍAS
PASTELARÍAS
- 6.800 persoas (77% mulleres agás nos obradoiros,
onde é maioritariamente masculina).
- Convenios provinciais que separan panadaría
de pastelaría.
- Salarios promedio: 9.700 - 11.100 euros / ano.
- Eventualidade superior o 55% afectando maioritariamente
a despachos (mulleres).
- Contrato de obra a tempo parcial (fraude porque
diminúe os custos salariais absolutos).
- Xornada promedio de 60 horas semanais, 10 diarias,
cun día de descanso semanal.
- Sobreextensión da xornada en 900 h/ano,
non retribuídas ou apenas compensadas.
- As horas en horario nocturno non son retribuídas
ao persoal eventual nin os festivos.
2. CONSERVA
- Ocupa a 9.900 traballadores/as (84% mulleres).
- Contratación indefinida non supera o 55
%.
- Resto contratacións temporais ETTs que
supoñen unha media do 20% da contratación.
- Contrato fixo descontinuo con especial incidencia
neste sector declinou en favor das ETTs.
- Convenio estatal.
- Salarios entre 8.900 - 10.300 euros.
- Traballadoras de ETTs: realizan 10 días
máis de traballo non retribuído ao ano.
- Frecuentes problemas de reumatismo crónico.
3. ELABORACIÓN
- 4.500 traballadores/as (77% mulleres).
- Convenio propio de empresa (Pescanova), resto
convenios estatais de frío industrial.
- Convenio pactado en solitario por UGT que reduce
nun 10% as retribucións pactadas.
- Máis do 50% desta actividade está
radicada en Galiza.
- Salarios promedio: 20.800-11.300 euros/ano.
- Fractura xeracional entre situación laboral
de persoal de máis antigüidade e xente nova.
- Temporalidade de contratos por obra ou acumulación
de tarefas.
- Contratación de ETTs alcanza o 30% (aproveitada
para evitar a contratación indefinida).
- Xornada laboral sometida a quendas sobresaturando
o proceso produtivo.
- Non se realizan horas extra durante a semana,
pero si en sábados, con carácter obrigatorio. Horas extra compensadas por baixo do legal.
4. INDUSTRIAS LÁCTEAS E MATADOIROS
DE AVES
- Convenios de empresa.
- 2.620 traballadores.
- Nas lácteas, salarios de 12.700 euros/ano.
- En matadoiros a eventualidade non alcanza o 20%
dos cadros de persoal.
TÉXTIL
- 17.800 traballadores/as.
- Concentra os datos de sobreexplotación
e precariedade máis extensivos e intensivos.
1. CONFECCIÓN
- Concentra o 85% da actividade téxtil de
Galiza (92% mulleres, os homes mantemento).
- Salarios de peón (Salario Mínimo
Intertéxtil): 8.860 euros/ano.
- Centros de traballos das marcas: - 15% do total
do persoal do sector.
- 57% contrato temporal (por obra ou campaña).
- Xornada de 9 h/día, non compensadas horas
extra.
- Horas extra obrigatorias en sábados a
3 euros/hora.
- Empresas subcontratadas: contratación
por tempada das marcas (9 meses/ano)
- Rexistro en nómina salario completo pero
70% en man.
Comarcas de Redondela, A Coruña, Ourense...
- Contratación a tempo parcial, de 6 horas
pero real completa
- Horas extra non compensadas.
- Traballo a domicilio, somerxido e retribuído
a 2 euros/hora.
2. TÉXTIL PARA COMPOÑENTES
DE AUTOMÓBIL
- Comarca de Vigo.
- Condicións de traballo máis estábeis
reguladas por convenio.
- Principal causa de sobreexplotación está
nos ritmos de traballo
- Non se retribúe o maior rendemento, pagándose
só o acordado por convenio.
- Contratación por ETT, 20% do cadro de
persoal.
TRANSPORTE
- 39.700 traballadores/as dos que 26.933 están
contratados en réxime de autónomos.
- A facilidade de rescisión do contrato
mercantil e a imputación da carga da amortización dos medios produtivos ao traballador provoca dependencia
vital coa empresa.
- Xornada laboral dos autónomos é
de 12 horas diarias (a prezo de convenio suporía un 30% máis do que perciben realmente).
1. TRANSPORTE DE VIAXEIROS
- 4.900 traballadores/as (87% homes, mulleres tarefas
administrativas).
- Reconversión de condutoras en azafatas
no transporte escolar incrementando horarios e diminuíndo o salario.
- 67% de contratación indefinida, computando
dentro desta modalidade a fixos-discontinuos).
- Restantes contratacións por obra durante
anos, por rotación de contrato en empresas do mesmo grupo.
- Salarios oscilan entre 10.400 euros - 11.700
euros brutos ao ano.
- Principal causa de precariedade está no
cumprimento da xornada de traballo:
- O tempo de espera non se considera xornada efectiva.
Pode obrigar ao traballador a estar dispoñíbel até 16 h/día e lonxe do seu domicilio.
- Xornada habitual de condución supera as
10 h/día.
- A compensación do exceso de horas efectivas
aboase fóra de nómina ou en axudas de custo sempre a prezo inferior ao estabelecido no convenio.
- Non se compensa o tempo de espera ou parada.
2. TRANSPORTE DE MERCADORÍAS
- Irrupción masiva de autónomos a
partir dos anos 80 substituíndo aos asalariados.
- A nova empresa ten estrutura administrativa e
loxística de asalariados e outra de reparto de autónomos.
- 7.250 traballadores (91% homes, mulleres adicadas
a tarefas administrativas).
- Salarios oscilan entre os 10.500 -11.500 euros
brutos/ano.
- Eventualidade supera o 29% rotando os mesmos
traballadores de diferentes empresas do mesmo grupo, mantendo condición de temporais anos.
- Xornada laboral + de 10 horas/día con
compensándose inferior ao convenio.
- Vacacións: xa non se coñecen casos
de disfrute dos 30 días.
3. TRANSPORTE DE AMBULANCIAS
- 617 traballadores (92% homes, mulleres adicadas
a tarefas administrativas).
- Convenio estatal que autoriza a ampliación
de xornada a 12 h/día consideradas como xornada de presenza.
- Salarios de 10.700 eruos/ano para a categoría
de condutor + ampliación de 4 horas de presenza a 5 euros/hora.
- A sobreexplotación basease na prolongación
da xornada. A dispoñibilidade do traballador para atención do servizo implica quendas de 24 horas
sen distinción de sábados e domingos sen compensación retributiva.
- Vacacións como máximo de 15 días.
- Cambio continuo de quendas de traballo, suspensión
de días de descanso por insuficiencia do cadro de persoal para cobertura de servizos.
- Desatención en materia de prevención:
risco de contaxio...
- Contratación indefinida supera o 63%.
SECTOR FINANCEIRO
Salarios
- Caixas de Aforro: 13.700 - 14.500 euros/ano
- Banca: 13.500 - 14.200 euros/ano.
(Examinado o 100% do Sector).
| Banca: evolución oficinas na Galiza |
| |
1999
|
2000
|
2001
|
2002
|
2003
|
Evolución
|
| A Coruña |
573
|
550
|
523
|
512
|
518
|
-55
|
| Lugo |
222
|
208
|
200
|
189
|
184
|
-38
|
| Ourense |
216
|
202
|
184
|
174
|
169
|
-47
|
| Pontevedra |
427
|
412
|
393
|
374
|
381
|
-46
|
| Totais |
1.438
|
1.372
|
1.300
|
1.249
|
1.252
|
-186
|
| Caixas Aforro: evolución oficinas na Galiza |
| |
1985
|
1990
|
1995
|
2000
|
2001
|
2002
|
| A Coruña |
189
|
264
|
304
|
368
|
369
|
377
|
| Lugo |
78
|
94
|
117
|
130
|
118
|
119
|
| Ourense |
106
|
174
|
199
|
212
|
205
|
208
|
| Pontevedra |
203
|
283
|
314
|
356
|
325
|
340
|
| Totais |
576
|
815
|
934
|
1.066
|
1.017
|
1.044
|
Nas Caixas de Aforros houbo un descenso dos centros
de traballo a partir do ano 2000 derivado do peche de oficinas despois da fusión das Caixas do sur, medre
compensado pola expansión das Caixas doutras comunidades autónomas.
| Oficinas Caixas doutra CCAA en Galiza - Ano 2002 |
| Entidade |
Oficinas
|
| Ibercaja |
2
|
| Caja Asturias |
2
|
| Caja España |
28
|
| Caja Duero |
6
|
| Caja Madrid |
39
|
| Caixa Catalunya |
5
|
| Caja Badajoz |
1
|
| La Caixa |
123
|
| Total |
206
|
A expansión da Banca tivo lugar a primeiros
dos oitenta, polo que necesitou un maior número de recursos humanos, en tanto que a expansión das
Caixas foi máis serodia e se apoiou nos avances tecnolóxicos da ofimática.
| Media traballadores/as por oficina |
| |
1991
|
2000
|
| Bancos |
9,26
|
7,66
|
| Caixas |
5,66
|
5,29
|
Este dato axuda á comprensión do
gran impacto das fusións sobre o emprego na Banca.
| Banca: evolución emprego principais empresas
en Galiza 1994-2002 |
| Entidade |
1994
|
1998
|
2002
|
1994-2002
|
%
|
| BSCH |
1.425
|
1.242
|
879
|
-546
|
-38,31
|
| BBVA |
1.498
|
1.499
|
1.330
|
-169
|
-11,27
|
| Pastor |
2.281
|
1.955
|
1.776
|
-505
|
-22,14
|
| Banesto |
736
|
709
|
592
|
-144
|
-19,56
|
| Banco Gallego |
608
|
617
|
517
|
-100
|
-16,20
|
| Banco de Galicia |
672
|
677
|
663
|
-14
|
-2,06
|
| Totais |
|
|
|
|
-1.465
|
Estas entidades representan o 85% do emprego no
sector en Galiza.
| Banca: evolución empregados/as en Galiza
período 1999-2003 |
| |
1999
|
2000
|
2001
|
2002
|
2003
|
Evolución
|
| A Coruña |
3.706
|
3.595
|
3.468
|
3.362
|
3.308
|
-398
|
| Lugo |
781
|
741
|
720
|
698
|
681
|
-100
|
| Ourense |
787
|
753
|
712
|
690
|
667
|
-120
|
| Pontevedra |
2.250
|
2.164
|
2.126
|
2.061
|
2.034
|
-216
|
| Totais |
7.524
|
7.253
|
7.026
|
6.811
|
6.690
|
-834
|
A evolución do emprego nas Caixas foi a
contraria, tanto pola expansión das Caixas galegas no país, superando as barreiras provinciais, como
pola chegada das Caixas doutras Comunidades.
| Caixas Aforro: evolución emprego principais
empresas en Galiza 1994-2002 |
| Entidade |
1994
|
1998
|
2002
|
Evolución
|
| Caixa Galicia |
1.929
|
2.381
|
2.411
|
482
|
| Caixanova |
2.290
|
2.335
|
2.287
|
-48
|
| La Caixa |
(*)179
|
(*)314
|
477
|
298
|
| Caja Madrid |
—
|
(*)108
|
171
|
171
|
| Resto Caixas |
—
|
—
|
155
|
—
|
| Totais |
—
|
—
|
5.501
|
903
|
(*) No caso de La Caixa e Caja Madrid non se teñen
en conta os censos de Lugo e Ourense nos anos 94 e 98.
No ano 2002 o número de empregados/as total do sector era 5.501. |
Hoxe as oficinas de bancos e caixas teñen
un modelo organizativo semellante. As innovacións tecnolóxicas, asociadas a novos modelos de organización
do traballo, nun marco precario derivado dos Convenios Estatais, teñen influído gravemente sobre
as condicións laborais, estando hoxe sometidos os traballadores/as a unha maior presión, incrementándose
a carga e ritmos de traballo.
| Banca: evolución da produtividade en Galiza |
| |
1999
|
2000
|
2001
|
2002
|
Incremento
|
| Ratio |
2,92
|
3,36
|
3,80
|
4,16
|
42,46%
|
| Ratio: Volume negocio por traballador/a. Millóns
de euros. |
| Caixas Aforros galegas: evolución da produtividade
1999-2002 |
| |
1999
|
2000
|
2001
|
2002
|
Incremento
|
| Caixa Galicia |
6.005
|
5.996
|
6.801
|
7.623
|
26,94%
|
| Caixanova |
4.717
|
5.363
|
6.188
|
6.734
|
42,76%
|
| Fonte: Memorias Caixa Galicia e Caixanova. Volume
de negocio (milleiros de euros). |
SUBCONTRATAS E TEMPORALIDADE
Subcontratas
- A finais dos 80 comeza a exteriorización
dos Servizos Centrais. Hoxe traballan nas auxiliares das entidades financeiras entre o 8-10% dos cadros de persoal.
- Aplicábase o convenio de oficinas e despachos.
Hoxe, os convenios de Telemárketing ou Planificación, máis precarios.
Temporalidade
- A Banca destrúe emprego. Adóitase
contratar empresas de servizos para traballo de oficinas e de axentes e corresponsalías (falsos autónomos).
- Temporalidade máis centrada nas Caixas.
A contratación vía ETT dificulta saber a porcentaxe.
- Duración de entre un día a un ano.
Segundo so comités de empresa a temporalidade é dun 10%.
Extensión ilegal da xornada
- 80% dos cadros de persoal estenden ilegalmente
a súa xornada: horas non pagadas, non cotizadas e máis alá do límite legal.
- Substitución de salario fixo por variábel:
as subas salariais por debaixo do IPC supuxeron unha perda de poder adquisitivo de 15 puntos.
- A patronal creou complementos que hoxe supoñen
un 20% do salario.
Falta de carreira profesional
- A falta de carreira obxectiva crea maior dependencia
do superior xerárquico.
Mobilidade xeográfica
- Bancos e Caixas ofrecen oportunidades de promoción
e melloras económicas por aceptar postos fóra da Comunidade (desarraigo que converte á oficina
no lugar de referencia e de relacións sociais).
Falta de persoal
- O drástico recorte de persoal leva á
extensión ilegal da xornada.
Mobilidade funcional
- A falta de definición das funcións
a desenvolver provoca unha discriminación entre os traballadores que realizando mesmo traballo cobran distinto
salario.
- Esta mobilidade ten como fin eliminar os chamados
tempos mortos (30% da xornada laboral).
- Tamén facilita adaptarse: os traballadores
convértense en vendedores xa que o labor administrativo desenvólvese a través de subcontratas,
caixeiros...
- No 2003 o número de operacións
por internet igualou ao número de operacións en caixeiros.
QUÍMICAS, ARTES GRÁFICAS E ENERXÍA
- Ocupa a 10.400 traballadores/as (mulleres en
traballos administrativos, homes tarefas produtivas; 86% homes, 14% mulleres).
- Contratación indefinida 64%, aínda
que un 14% que non se contabilizan están contratados por ETTs.
- A contratación eventual é por obra.
- 8.600 traballadores están afectados polo
Convenio Estatal de Químicas:
- Salarios: 12.925 - 15.511 euros/ano.
- Empresas con convenio propio:
- Manteñen unha diferenza cos de convenio
estatal do 15-25%.
- Aparecen pluses salariais por incentivos, produtividade
e tóxicos.
Causas da precariedade
- Contratación eventual, con salarios inferiores.
- Empresas sen convenio, con salarios por debaixo
do legal.
- ETTs substituídas por empresas de servizos
subcontratadas, sen convenio de aplicación ou co salario mínimo.
1. ARTES GRÁFICAS
- 2.430 traballadores (19% mulleres en tarefas
administrativas).
- Eventualidade do 40% sen contabilizar as contratacións
por ETTs (10% contratados por esta modalidade).
- Convenio estatal que estabelece salario de 12.400
euros/ano.
- Precariedade nos modelos de contratación
non indefinidos.
- Contratos de formación: xornada de 6,40
h/día, extensión da xornada até 10 horas sen tempo de formación e sen compensación
por exceso de xornada.
- Medran os contratos a tempo parcial, con xornadas
efectivas de 8 horas.
2. SECTOR DA ENERXÍA
- 5.500 traballadores/as dos que 2.200 son subcontratados
(9% mulleres, tarefas administrativas).
- Salarios brutos: 22.350 - 27.900 euros/ano.
- As subcontratas son as que precarizan a actividade.
- Nas empresas principais ruptura entre traballadores
con dereitos consolidados e xeracións novas de recente incorporación, con xornadas máis abusivas
e salarios de 6.500 euros/ano.
- Empresas subcontratadas: convenios provinciais,
sobreextensión da xornada sen compensación económica.
ENSINO PRIVADO
- 6.600 traballadores/as (58% mulleres, maioria
nas escolas infantís e perruquería).
- Autoescolas: mulleres na parte administrativa
con baixos salarios; homes no ensino, mellor pagados.
1. ENSINO PRIVADO REGRADO
- 5.662 traballadores/as.
- Convenio estatal con salarios entre 11.450 -
21.800 euros/ano.
- Eventualidade dun 34%
- Diferentes salarios no mesmo centro se a actividade
está concertada ou subvencionada ou non.
- Garantía ante despedimento e a igualdade
na contratación minorada na privada.
- Educación especial: centros subvencionados
e ONGs sen ánimo de lucro: xornadas de traballo elevadísimas, atención ininterrompida durante
3 días consecutivos de estadía no centro; prestacións en fins de semanas en retribución
compensada á semana; salarios entre 700 - 850 euros/mes por xornadas superiores a 2.500 h/ano.
- Centros de asistencia, atención, diagnóstico,
rehabilitación: condicións á baixa en flexibilidade de xornada, sen pluses por penosidade
recoñecida; discriminacións salariais dos discapacitados; salarios entre 10.500 - 16.100 euros/ano.
2. ENSINO NON REGRADO
- 970 traballadores/as.
- Eventualidade supera o 62%.
- Convenio estatal que estabelece salario de 12.600
- 14.200 euros brutos/ano, para Oficial 1ª Administrativo e Profesorado, respectivamente.
- Entrada nas empresas por contratacións
en prácticas, retribuídas co 80% do salario.
- Resto contratacións a tempo parcial, xornadas
de 4 h diarias ou 20 h semanais.
- Tempo de exceso non se cotiza, non se recoñece
como xornada complementaria, compénsase a metade da retribución legal.
- Alta precariedade evidenciada no elevado índice
de despedimentos.
- Na contratación indefinida prevalece a
modalidade fixo-discontinuo.
- Declive salarial por redución do plus
de transporte.
SANIDADE PRIVADA
- 5.529 traballadores/as (43% contratos temporais,
prevalecendo por obra, tempo parcial e festivos).
- 71% mulleres (servizos, auxiliares, enfermaría).
- Povisa (Vigo), convenio propio. Resto convenios
provinciais, Ourense, sen convenio colectivo con réxime salarial referencia SMI.
- Salarios: 11.400 - 12.200 euros/ano. Nas categorías
de auxiliares: 600 euros/mes.
- Intensa precariedade condicionada polo tamaño
do centro: contratos a tempo parcial para cubrir substitucións, fins de semana ou festivos, Semana Santa,
Nadal.
- Fraude: bolsa de persoal en espera de contrato
que presta servizos sen alta na SS, no itínere de 2, 3 meses, sen salario e como prácticas.
- Xornadas diarias realizadas en exceso polos eventuais
non son retribuídas.
- Non se cumpre prevención e saúde
laboral.
- Nas clínicas e consultas privadas xornada
superior a 9 h/día sen compensar exceso.
- Non se recoñece dereito ás vacacións.
MAR
- 35.100 traballadores (27.100 baixura - 7.950
altura). 6-7% mulleres en baixura, marisqueo a flote.
- Eventualidade separada por flotas: 59% eventuais
con contratacións en fraude xa que contratos temporais de 3 a 6 meses son sobrepasados.
- Eventualidade en baixura do 50%.
- Flota en altura:
- 21.000 - 24.000 euros brutos/ano para arrastreiros
conxeladores e bacallaeiros.
- 18 h/día sen descanso semanal ou festivo
- Resto modalidades: salarios de 2.000 euros brutos/mes.
- Flota baixura:
- Salario 900 euros/mes. En longueirón,
ameixa, percebe, alga... 1.200 euros/día
- Xornada de 16-18 h/día
- Non se recoñece dereito a vacacións
- Non se aboan pagas extra
- A equivalencia entre horas e xornada resulta
salario inferior ao SMI
- En 2003 contabilizáronse 33 accidentes
mortais
Flota conxeladora
- Tripulantes por barco: De 20 a 25 traballadores e até 50.
- Duración media das mareas: 5/6 meses.
- Vacacións: Non se disfrutan.
- Descansos adicionais: Disfrútanse como vacacións a razón de 1,7
días por semana de mar, ao final de cada marea.
- Sistema Retributivo: % sobre pesca. Non hai salario garantido por escrito, aínda que na práctica
totalidade das empresas se pacta un garantido por unidade de tempo.
- Caladoiros: Nafo-Canadá, Atlántico NE, Hatton Bank, Irminger, Namibia, África
do Sur, Arxentina, Malvinas, Mauritania, Golfo de Guinea, Chile.
Arrastreiros e Pincheiros ao fresco no Gran
Sol
- Tripulantes por barco: Aproximadamente 10.
- Duración media das mareas: "SAFE": dúas mareas consecutivas de 15
a 20 días de duración cada unha, cun descanso intermedio de dous días; e un descanso de tres
a catro días ao final do período.
- Vacacións: Non se cumpren os 30 días mínimos; algunhas tripulacións
-3 ou 4 barcos- funcionan co sistema de "correquendas" (tripulante que substitúe a bordo ao que
queda unha marea en terra).
- Descansos adicionais: Os descritos no "SAFE".
- Sistema Retributivo: A meirande parte da flota chegou a dotarse de convenios colectivos a mediados
dos noventa, quedando estes en ultraactividade, e funcionando hoxe como referencias para os sistemas retributivos
que son mixtos: Salario fixo + % en capturas. Abóase ao final de cada "Safe".
- Caladoiros: No caladoiro de augas comunitarias coñecido como Gran Sol (Grand Solé:
Gran Linguado) comprendido no Atlántico NE entre Bretaña (Plataforma Francesa) e Norde de Irlanda
e Escocia, Box Irlandés e Canal da Mancha.
Palangre de superficie
- Tripulantes por barco: Entre 10 e 15.
- Duración media das mareas: Oscilan de 15 días a 6 meses, en función
do caladoiro.
- Vacacións: Non se disfrutan.
- Descansos adicionais: Entre mareas e como vacacións os tripulantes dependendo
do tempo de mar disfrutan de varios días, 1 semana ou cerca de 1 mes en terra, e sempre en función
da evolución da pesca, clima ou datas do calendario..
- Sistema Retributivo: Polo método denominado "Monte maior" (o armador desconta os
gastos de combustíbel, alimentación, mantemento, Seguridade Social, víveres, etc., e a cantidade
resultante repártese na proporción dun 70% para o armador e o 30% entre a tripulación; esta
proporción varia de barco a barco). Ademais os técnicos (p.e. mecánicos) cobran directamente
da parte do Armador unha retribución a maiores pactada.
- Caladoiros: Augas oceánicas fóra das plataformas continentais e normalmente
das ZEE dos países ribeiráns.
A flota, en función da operatividade, pesca
en dúas modalidades "fresco" e "conxelado", pescando distribuída fundamentalmente
no Atlántico de Namibia a Nafo, no Índico e no Pacífico Sur (Chile, Perú), traballando
a de fresco só no Atlántico ao N do paralelo 5º.
Boniteiros
- Tripulantes por barco: Entre 10 e 15.
- Duración media das mareas: Oscilan de 15 días a un mes e medio. A campaña
limítase ao período de maio a outubro; o resto do ano pescan ben no caladoiro do Gran Sol ou ben
ao palangre de superficie, aplicando en cada época o sistema retributivo común á flota de
que se trate.
- Vacacións: Non se disfrutan.
- Descansos adicionais: Ao final da marea entre 2 e 5 días e ao final da campaña
o tempo que precisen para arranchar o barco para a nova pesqueira a desenvolver.
- Sistema Retributivo: Mesmo método que a flota anterior.
Nota:
Outra forma de retribución complementaria é a coñecida como "Matute", que se aplicaba
na flota da palometa, e é residual na boniteira, e que consiste en que os tripulantes que fóra dos
labores habituais normalmente nas travesías e con artes propias se dedican a pescar realizando capturas
que se venderán xunto coas do barco e das que o mariñeiro percibirá o seu valor íntegro.
- Caladoiros: No caladoiro do Atlántico desde o Sur das Illas Açores até
a altura do Gran Sol.
Bacallaeiros
A unidade produtiva é a "parella"
que pesca e factura conxuntamente.
- Tripulantes por barco: De 20 a 25 traballadores.
- Duración media das mareas: Entre dous e catro meses.
- Vacacións: Case nunca se disfrutan.
- Descansos adicionais: Case nunca se disfrutan; retribúese na liquidación
de marea xunto coas vacacións.
- Sistema Retributivo: Participación % sobre o valor da pesca.
- Caladoiros: Canadá-Nafo, Svalvards-Noruega e anos atrás Groenlandia.
Profundamente desregulado, só existe convenio
en Guipúscoa. Actualmente só quedan en Galiza cinco parellas, catro delas sen convenio e 1 adherida
ao convenio de Guipúscoa, que salarialmente se sustenta nun sistema mixto.
Atuneiros conxeladores
- Tripulantes por barco: De 20 a 30 traballadores.
- Duración media das mareas: 4 meses.
- Vacacións: Disfrútanse entre relevos-descargas xunto cos descansos.
- Descansos adicionais: Disfrútanse entre relevos-descargas unidos ás vacacións,
resultando un total de 2 meses en terra cada catro de mar.
- Sistema Retributivo: Fixo (SMI) máis unha cantidade por tn. capturada. Percíbese igual
durante o período de vacacións entre mareas.
- Caladoiros: Pesca nas augas oceánicas tropicais e subtropicais do mundo, estendendo
a súa actividade desde as costas de África, O Caribe, Pacífico oriental e occidental e Índico.
Esta flota é a que obxectivamente conta
coas mellores condicións laborais e de habitabilidade, aínda que falla como nas outras a regulación
convencional.
Flota costeira, Baixura e Litoral
- Tripulantes por barco: Tripulación moi reducida en empresas familiares, cunha media
de 1 a 6 tripulantes (coa excepción dos arrastreiros do litoral e costa de Portugal).
- Duración media das mareas: De horas no marisqueo e artes menores; cinco días
nos arrastreiros do litoral.
- Vacacións: Inexistentes na gran maioría.
- Descansos adicionais: Por imposición lexislativa, co único obxectivo de
preservar os recursos, a fin de semana.
- Sistema Retributivo: O único método e denominado "Á parte", salvo no
caso dos arrastreiros do litoral, que no seu día se regularon convencionalmente, e agora perdura nalgúns
casos en ultraactividade.
- Caladoiro: Caladoiro coñecido por Cantábrico-Noroeste (para a flota arrastreira
até o litoral portugués) e augas costeiras galegas e rías para o resto de segmentos e artes
da flota.
SECTOR PÚBLICO
- 177.000 traballadores/as (42.200 eventuais por
obra, substitucións e vacantes temporais: 23,8%).
- Mulleres 53%.
- Administración Pública do Estado:
28.529; defensa 48,2%. Salarios: 15.826 - 20.834 euros/ano.
- Administración Autonómica: 77.384.
Salarios: 17.544 - 21.681 euros/ano.
- Universidades: 3.889.
- Administración Local: 33.542 traballadores/as.
- Administración Pública galega:
8.544 interinos.
1. SANIDADE PÚBLICA
- 33.128 traballadores (72% mulleres).
- No ano 2004 subscribíronse 190.00 contratos
temporais. O 66% inferiores a 5 días.
Contratos pool
- Duración máxima de 5 días.
Pensados inicialmente para substitucións de urxencia úsanse con discrecionalidade.
- Son retribuídos con dúas horas
menos do normal.
- Obrígase a dispoñibilidade e flexibilidade
da xornada sen saber regularidade, prestación e quenda da súa xornada nos días seguintes,
nin calendario dos descansos.
2. ENSINO PÚBLICO
| Ocupación e retribucións correspondentes
aos diferentes niveis |
| Profesorado de ensino público non universitario |
Número
|
| Mestres/as de Infantil e Primaria |
15.196
|
| Profesorado de Relixión (Primaria) |
567
|
| Profesorado de Educación Secundaria (PES) |
11.427
|
| Profesorado de Relixión (Secundaria) |
458
|
| Profesorado Técnico de FP (PTFP) |
1.797
|
| Outro profesorado |
680
|
| Total |
30.125
|
| Profesorado universitario |
4.800
|
| Retribucións |
Retribucións
brutas mensuais
|
Retribucións
brutas anuais
|
| Mestres/as de Infantil e Primaria |
1.676,35
|
21.896,20
|
| Profesorado de Ensino Secundario |
1.939,15
|
25.367,08
|
| Profesorado Técnico de FP |
1.780,51
|
23.146,12
|
| Catedráticos de Ensino Medio |
2.095,74
|
27.246,16
|
| Catedráticos Universidade |
2.805,81
|
35.767,00
|
| Titular Universidade/Cated. Escola Universitaria |
2.239,53
|
28.971,64
|
| Titular Escola Universitaria |
1.980,49
|
25.863,16
|
3. PROFESORADO INTERINO E SUBSTITUTO
- 10% é interino ou substituto sen ningunha
estabilidade no posto de traballo.
- Non percibe complementos por antigüidade.
- Non ten dereito ás axudas do fondo social.
- Mobilidade xeográfica.
- Mobilidade funcional: impartindo materias nas
que non son especialistas.
- En infantil e primaria a carga lectiva é
excesiva e con funcións que non lle son propias por carecer de coidadores, administrativos...
CORREOS
- 5.200 traballadores/as (3.200 funcionarios, 2.000
persoal laboral contratado por oposición).
- Salarios entre 12.300 - 12.800 euros/ano.
- Mantendo o ritmo de contratación, a volta
de 15 anos o cadro de persoal será unicamente de laborais (promóvese a baixa voluntaria indemnizada,
xubilacións anticipadas, saídas por invalidez no servizo para o persoal funcionario).
- Problemas de desequilibrio nas zonas de reparto
compensada con contratación temporais.
- Irregularidade nos métodos de contratación
por un ou varios días evitando liquidacións de fin de semana e festivos.
- Para reducir custos nas cartarías rurais
o modelo de substitución por períodos de vacacións está a ser predominante o tempo
parcial, tamén para cubrir sábados (xente moza).
CONCLUSIÓNS
Un só dato macroeconómico pode explicar
suficientemente as consecuencias da precariedade nas condicións de traballo e na calidade de vida da clase
traballadora galega ao longo dos últimos 20 anos. No ano 1980 as persoas asalariadas representaban o 47,8%
da poboación activa na Galiza, e contribuían coas súas rendas ao 48,3% do PIB. No ano 2000,
logo de 20 anos, as persoas asalariadas representaban o 68,1% da poboación activa e achegaban o 44,9% a
este mesmo indicador. Por tanto, unha porcentaxe destacadamente máis elevada de asalariados nunha poboación
activa tamén maior, achega significativamente menos ao peso real do PIB.
Para que a clase traballadora galega perdese capacidade
salarial a ritmo tan vertixinoso, tivo que se producir unha modificación monumental no escenario das relacións
laborais durante este período. Destas modificacións somos perfectamente conscientes na central sindical,
xa que todas as reformas laborais que se arbitraron ao longo dos últimos anos pretendían finalmente
a desprotección e un marco lexislativo máis propicio á sobreexplotación. Por iso non
estamos a falar soamente de perda de poder adquisitivo, porque para que os empresarios poidan arrebatar salarios
á clase traballadora, primeiro deben diminuír e neutralizar os seus dereitos e provocar un ámbito
de indefensión con amparo e soporte legal sobre as bases políticas do neoliberalismo.
Na actualidade os requirimentos de precariedade
esixidos polo neoliberalismo, non permiten só pola vía da negociación (sen participación,
presión e mobilización), recuperar dereitos que modifiquen o axioma do sistema, que se reproduce
acentuadamente e con máis severidade nun país sen soberanía como o noso. Por esta razón
na perspectiva do examinado en cada un dos sectores, podemos concluír que o estado vixente de relacións
laborais continúa a descompoñerse nos seus efectos garantistas e de cobertura para a clase traballadora;
a excepción de sectores moi significativos onde permanece a organización sindical e a participación
dos traballadores constitúe un activo indispoñíbel (caso dos convenios de empresa); pero que
tamén este espazo está cada vez máis desprotexido e atacado fundamentalmente pola terceirización.
No ámbito actual do mundo do traballo en
Galiza, logo do examinado por sectores, podemos dicir que conviven dúas realidades enormemente distintas
dentro das empresas; os traballadores e traballadoras máis antigos con dereitos máis consolidados
e os traballadores e traballadoras novas máis sobreexplotados e con peores condicións de traballo.
Polo tanto, os fillos teñen hoxe, 25 anos despois, peores condicións, menos dereitos laborais e de
protección pública que os seus pais. Esta tendencia de fractura iniciouse politicamente, coas reformas
sucesivas desde os primeiros anos do mandato do PSOE, e tivo a súa prolongación nas lexislaturas
do PP. Tampouco non debemos desprezar no afondamento das diferenzas xeracionais a colaboración activa do
sindicalismo español, subscribindo acordos de exención salarial e minoración de dereitos laborais
para administración e abuso das empresas, en retribucións de antigüidade, pluses ou flexibilidade
horaria para os traballadores de nova incorporación; caso dos acordos en convenios colectivos que afectan
a este colectivo.
Dentro do sector da mocidade, especialmente damnificado
por estas reformas, as mulleres están sufrindo os peores rigores da precariedade, que, como se desprende
do analizado, resultan discriminadas dentro do ámbito da empresa, por razóns de división funcional
ou de categorías; e logo por ser a man de obra preferente e masiva nos sectores máis sobreexplotados
(téxtil, hostalaría e comercio diverso).
Nos factores de sobreexplotación máis
comúns á clase traballadora, podemos destacar as modalidades de contratación temporal, frecuentemente
en fraude, os contratos a tempo parcial, a sobreextensión da xornada non compensada, a liquidación
do salario en cantidades inferiores ao legalizado, o traballo en negro e a facilidade no despedimento como consecuencia
da ampliación das causas obxectivas e a recorrente lexislación orientada a abaratar as indemnizacións.
Evidentemente toda a arquitectura político-legal,
construída pacientemente durante todos estes anos polos diferentes gobernos do PSOE e PP no Estado, está
a dar respostas puntuais ás exixencias do neoliberalismo e ao seu capital financeiro. Non está por
tanto esgotado o ciclo de reformas, nin se pretenden restaurar capítulos de salvagarda e recuperación
de dereitos para a clase traballadora. Contrariamente, promóvese a desestruturación e ocaso da capacidade
asociativa, novas formas contraculturais ausentes de solidariedade e no noso caso unha desvinculación da
nosa realidade e un sentimento apátrida e rupturista coa nosa cultura e idioma. Este é o modelo laboral,
social e político que se impón desde os centros de poder para a clase traballadora.
Dende a CIG, como organización nacionalista
de clase e con estrutura e fortaleza política suficiente para iniciar un cambio nesta tendencia, deberemos
facer o sindicalismo que precisa esta transformación. Isto pasa por evitar a inercia dun traballo de xestión
exclusiva, propia do sindicalismo español, que distancia á clase traballadora e especialmente aos
mozos do compromiso e a loita sindical. Podemos incidir na precariedade e na sobrexplotación unicamente
con traballo participativo, que faga vocación de clase e de organización, e ao mesmo tempo recupere
o sentido de solidariedade. Este mesmo traballo permítenos facer nacionalismo e gañar espazos de
soberanía na lexislación que nos afecta e debe ser do noso dominio, a negociación colectiva
e maiores espazos legais, onde hoxe non temos competencias. Non é posíbel hoxe, nin o foi antes,
en cada empresa e en cada sector, facer sindicalismo sen participación. Temos esta vocación e debemos
preparar a estrutura e a organización para esta finalidade.
|