|
Actualidade CIG-Comunicación-
Non haberá subrogación e continuará a temporalidade. O convenio establece que o 70% do persoal de operacións do sector de telemárketing terá contratos temporais. Tampouco foi eliminado o controvertido artigo de extinción de contratos pola diminución do número de chamadas atendidas, que na práctica equivale ao libre despedimento.
En canto ás retribucións, o incremento salarial pactado no ano 2005 para os teleoperadores/as (categoría que agrupa a case o 80% do persoal) será de 22 céntimos de euro brutos á hora, quedando o salario anual en 11.715,64 euros brutos. Cabe lembrar que neste convenio non se retribúe a antigüidade. Esta suba salarial pactada para os tres anos de duración do Convenio Colectivo non garante o mantemento do poder adquisitivo, segundo se desprende do estudo realizado polo catedrático Xavier Vence da Universidade de Compostela a petición da CIG, xa que a suba en cómputo anual non chega aos 700 euros. O incremento será igual ao IPC para o ano 2004; IPC + 1,5% no 2005 e IPC + 1,75% para o 2006. As horas extras continúan tendo un incremento sobre as horas ordinarias dun 25%, moi por baixo do 75% que establecen a maioría dos convenios do sector administrativo privado. Malia as peticións da CIG, tampouco mudou o artigo que regula o "Plus de Idiomas", de tal xeito que unha traballadora/traballador dunha empresa radicada en Madrid terá dereito a percibir o complemento se fai uso do galego, pero o persoal que traballa aquí e que usa o galego na relación coa clientela non ten dereito a percibir ese complemento.
En canto a xornada, o acordo contempla que os dous días "recuperables" de asuntos propios pasan a ser días de vacacións, polo que se reduce en 16 horas/ano.
Existe o compromiso de contratar unha consultora externa para que analice a situación do sector, creándose unha Comisión Negociadora na que só estarán presentes os sindicatos asinantes (comisión polo tanto de dubidosa legalidade).
Estamos ante un convenio continuista que non cumpre os obxectivos fundamentais que motivaron as mobilizacións dos traballadores/as do sector: a limitación da temporalidade e a subrogación de empresas. Pola contra, pactan unha redución de xornada de tan só 16 horas/ano e a suba salarial non garante o mantemento do poder adquisitivo. A suba de 396,18 euros brutos prevista para os teleoperadores/as no ano 2005, non cubrirá os descontos realizados polas empresas ás traballadoras e ós traballadores polas xornadas de paros e folgas convocadas ao longo do proceso de negociación.
Outras informacións relacionadas: 08/05/2004 CIG, CCOO, UGT e CGT veñen de convocar folga o 9 de xuño nas empresas de telemárketing 13/05/2004 Días e horas dos paros parciais e folga do III Convenio de Telemárketing 21/05/2004 Seguimento masivo na folga de Telemárketing 31/05/2004 Por un convenio digno, convocada xornada de folga no sector de Telemárketing o mércores 9 de xuño 10/06/2004 O persoal de telemárketing di non á precariedade 10/06/2004 Telemárketing, por un convenio xusto, non á precariedade laboral! 29/06/2004 O persoal dixo non á precariedade 19/11/2004 O persoal de telemárketing volverá á folga no mes de decembro 20/12/2004 Nova folga pola estabilidade no emprego en Telemárketing 24/12/2004 O 93% do persoal de Telemárketing apoia a Folga 29/12/2004 30 de decembro: A Folga polo Convenio de Telemárketing continúa 31/12/2004 Última xornada de Folga das convocadas en decembro polo Convenio de Telemárketing en A Coruña |
|||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 15/03/2005 |