ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 30 de marzo de 2005

CIG e colectivos de afectados pola construción do Porto Exterior de A Coruña demandan indemnizacións
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Clic para aumentar
Solicítase do Ministerio de Fomento e do Ente Público Portos do Estado que “se recoñeza á maior brevidade aos afectados, e se inicie, sen demora, a valoración das indemnizacións e as compensacións ás que en xustiza teñen dereito os afectados pola construción do Porto Exterior ao quedar fulminados os recursos pesqueiros e marisqueiros da zona”. (Foto: Simulación das novas instalacións portuarias en Punta Langosteira).
 
O pasado luns día 28 de marzo, representantes da CIG e dos colectivos de afectados pola construción do Porto Exterior entregaban na Delegación do Goberno en Galiza e na Autoridade Portuaria de A Coruña un escrito solicitando que se recoñeza aos afectados e se inicie a valoración das indemnizacións e compensacións ao quedar fulminados os recursos pesqueiros e marisqueiros da zona.

No escrito, solicítase do Ministerio de Fomento e do Ente Público Portos do Estado que “se recoñeza á maior brevidade aos afectados, e se inicie, sen demora, a valoración das indemnizacións e as compensacións ás que en xustiza teñen dereito os afectados pola construción do Porto Exterior ao quedar fulminados os recursos pesqueiros e marisqueiros da zona”.

Ademais, lembran que se ten solicitada unha reunión co delegado do Goberno en Galiza para falar destes temas, en atención ao papel central que ten a Administración estatal en todo este asunto.

Os representantes da CIG e dos colectivos afectados manterán unha Asemblea Xeral dos Afectados, o próximo venres, día 1 de abril, ás 19 horas, para valorar a situación e as medidas a levar adiante. A data coincide coa véspera dos actos oficiais de inauguración das obras de construción do Porto Exterior.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 30/03/2005
cig.informatica