ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 24 de marzo de 2005

O índice de sinistralidade galego é do 11% mentres que a nivel estatal foi dun 6,72%
Con 47.369 sinistros en 2004, Galiza é a única comunidade na que medran os accidentes laborais

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Clic para aumentar
Por sectores, servizos foi no que máis accidentes se produciron, cun 33,9%, seguido de industria co 32,8% e construción cun 25,7%. Coincide ademais que é onde teñen máis peso estes sectores onde hai maior número de accidentes laborais, caso das provincias de Pontevedra e A Coruña.
 
Galiza colócase á cola en materia de prevención de riscos laborais. Así o constatan os índices de sinistralidade. Mentres a porcentaxe promedio estatal é do 6,72%, en Galiza producíronse un 11,06%, só por detrás de Cantabria, onde se rexistraron un 12,71% dos accidentes laborais.

Para a CIG este dato demostra a inoperancia da Xunta de Galiza, incapaz de dotar de medios o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral para previr e reducir estes lamentabelmente elevados índices.

O número total de accidentes laborais en Galiza incrementouse levemente (pasando de 47.290 en 2003 a 47.369 no 2004), cunha lixeira diminución de accidentes mortais (87), pero cun incremento dos accidentes graves (1.083) e os leves (46.199). Lonxe quedan comunidades como Navarra, onde a porcentaxe de accidentes laborais apenas supera o 4% (4,27%).

Galiza case duplica a porcentaxe media estatal, do 6,72%, e mantén as dramáticas diferenzas respecto ao resto das comunidades autónomas, que si foron reducindo, nos últimos 10 anos a incidencia dos accidentes laborais.

Por sectores, servizos foi no que máis accidentes se produciron, cun 33,9%, seguido de industria co 32,8% e construción cun 25,7%. Coincide ademais que é onde teñen máis peso estes sectores onde hai maior número de accidentes laborais, caso das provincias de Pontevedra e A Coruña.

Desde o Gabinete de Saúde Laboral xa se viña advertindo de que este lamentábel índice de mortalidade nos centros de traballo prodúcese como resultado da non posta en marcha do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, no que o máis que se avanzou foi cun cambio de denominación dos Gabinetes Provinciais transferidos desde 1982. Este ano 2005 contarán con máis recursos, aínda que sendo tantas as carencias estes quedan moi por detrás do que se ven reivindicando desde a CIG e do que exixirían as necesidades reais.

Ademais, a resposta da administración é seguir subvencionando precisamente a aquelas empresas nas que se incumpre a lexislación sen que se analicen con rigor as causas para poder, en función diso, deseñar as políticas activas que permitan paliar esta lacra social insoportábel.

Accidentes laborais en Galiza 2004
 

Leves

Graves

Mortais

Totais

Galiza
Agricultura

1.358

127

4

1.489

Mar

1.939

113

22

2.074

Industria

15.282

257

16

15.555

Construción

11.850

304

18

12.172

Servizos

15.770

282

27

16.079

Total

46.199

1.083

87

47.369

A Coruña
Agricultura

483

43

3

529

Mar

818

48

5

871

Industria

5.535

108

2

5.645

Construción

4.935

137

11

5.083

Servizos

6.837

113

10

6.960

Total

18.608

449

31

19.088

Lugo
Agricultura

233

47

1

281

Mar

218

5

223

Industria

1.134

21

6

1.161

Construción

1.037

17

1

1.055

Servizos

1.302

37

7

1.346

Total

3.924

127

15

4.066

Ourense
Agricultura

153

6

159

Mar

Industria

1.376

36

1

1.413

Construción

970

36

1

1.007

Servizos

1.311

27

2

1.340

Total

3.810

105

4

3.919

Pontevedra
Agricultura

389

31

420

Mar

903

60

17

980

Industria

7.237

92

7

7.336

Construción

4.908

114

5

5.027

Servizos

6.320

105

8

6.433

Total

19.757

402

37

20.196

Accidentes de traballo mortais e índices de incidencia
Comunidades autónomas, xaneiro-decembro de 2004
Accidentes

Mortais

Ídice incidencia

Poboación afiliada

Cantabria

21

12,71

165.170

Galiza

87

11,06

786.762

Aragón

44

10,65

413.299

Castela León

73

10,41

701.042

Asturias

25

8,36

299.005

Murcia

35

8,29

422.034

Castela A Mancha

39

7,68

507.673

País Vasco

53

7,48

708.746

Andalucía

150

6,26

2.395.104

A Rioxa

6

6,10

98.319

Cataluña

151

5,97

2.528.937

Canarias

36

5,81

619.170

Baleares

18

5,62

320.040

Madrid

121

5,39

2.245.621

Valencia

74

5,08

1.455.525

Estremadura

13

4,32

300.847

Navarra

9

4,27

210.551

Ceuta

0

0,00

14.687

Melilla

0

0,00

13.293

Total

955

6,72

14.205.825

Índice de incidencia: (nº mortos/población afiliada) x 100.000.
Base do índice: Población afiliada á S.S. coas continxencias por accidente de traballo cubertas.
Fonte: Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 24/03/2005
cig.informatica