|
Actualidade CIG-Comunicación-
Os pasados días 25 e 26 de febreiro celebrábanse en Compostela as III Xornadas da muller, organizadas pola CIG-Ensino e a ASPG. Unhas xornadas que, debido ao interese dos temas abordados e á calidade das relatoras participantes, provocaron que varias/os das/os solicitantes non puideran inscribirse por terse cuberto a matrícula cunha semana de antelación á data límite fixada. Das intervencións e debates suscitados pódese concluír que o papel da escola é fundamental na socialización e na transmisión de valores, sen esquecer a familia e os medios de comunicación como factores tamén determinantes. Como consecuencia, a necesidade de coordinación entre familia e escola faise imprescindible. Pero é a escola, se cadra, a que ten que asumir a responsabilidade da necesidade de formar en valores de igualdade, respecto e solidariedade. Estaríamos a falar dunha educación integral das persoas.
Na prevención da violencia sexista hai que traballar desde as idades máis temperás, por iso é necesaria unha formación do profesorado no tema de coeducación, xa que o seu papel non pode ser só a transmisión de coñecementos. As actitudes tamén educan igual que as relacións que se establecen na comunidade educativa. Procede unha reflexión a fondo sobre os medios de comunicación, desde a televisión, aos vídeoxogos como elementos masivos de consumo, de entretenimento e de ocio, con mensaxes subliminais e non tan subliminais que van conformando e modelando a personalidade dos máis novos. Neste sentido, o interese dos/as asistentes centrouse na busca de métodos para abordar desde a escola os problemas relacionados coa violencia que se exerce sobre a muller desde múltiples puntos de vista, nomeadamente desde o da violencia sexual e a consideración da muller como subordinada. Constátase, ademais, a precariedade en canto a materiais e recursos específicos para traballar este tema nas aulas. Na tarde do venres e durante toda a xornada do sábado, as relatoras trataron os seguintes temas: análise dos libros de texto desde a perspectiva de xénero, como seguen a representar a día de hoxe unha imaxe estereotipada dos roles en función dos sexos; o peso das mestras como factor de transformación na educación ao longo da historia; a imaxe da muller nos medios de comunicación, fundamentalmente na televisión, como aparece representada, en que programacións participa… todo avalado por estudos contrastados; a exposición de propostas concretas para a educación afectivo-sexual realizadas polo programa AGARIMOS; a violencia sexista e a súa prevención nas aulas, con pautas para intervir xa desde infantil, visibilizando, verbalizando as condutas e actuando positivamente para a súa modificación.
Ana Iglesias Galdo Profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias de Educación da Universidade de A Coruña, directora do Servizo de Asesoramento e Promocion do Estudante da Universidade de A Coruña. Ademais dos estudos relacionados coa súa práctica docente e investigadora, traballa no tema da xuventude en aspectos como o da responsabilidade penal de menores e outros problemas da mocidade. É coordenadora da publicación Atención educativa a la diversidad en nuevo milenio, que recolle os relatorios das XVIII Jornadas de Universidades y Educación Especial. A Coruña en abril de 2000.
Doutora en psicopedagoxía, é profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais, Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña. Experta en ciencia e androcentrismo, profesorado e división sexual do traballo, teoría feminista e coeducaión. Publicou diversos artigos en revistas científicas e capítulos de libros, sempre sobre a temática de xénero aplicada a diversas cuestións sociais. Foi gañadora do premio de investigación sobre xénero Xohana Torres. É autora do libro Coeducación: guía para o profesorado.
Profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago. Experta en xénero e desigualdade. É autora, entre outros, dos libros:
Doutora en psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesora titular da Universidade de Vigo co perfil de Psicoloxía da Sexualidade. Con 14 anos de docencia universitaria, é autora duns 50 artigos publicados en revistas científicas. Abordada temas relacionados co triángulo da sexualidade, Sida e Muller. Ten participado como relatora en diversas xornadas, simposios e congresos. É autora, entre outras, das seguintes publicacións:
Profesora de Ensino secundadio, asesora nos COPs de Bizkaia, e autora, entre outras, das seguintes publicacións:
Profesora da Facultade de Psicoloxía e de Ciencias da Educação da Universidade de Porto. Pertence á Unión de Mulleres pola Alternativa e Respuesta (UMAR). Alén dos relatorios, realizáronse exposicións de expeirencias sobre coeducación levadas a cabo nalgúns centros educativos:
|
|||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 04/03/2005 |