|
Actualidade CIG-Comunicación-
Reproducimos, de seguido, a comunicación íntegra de Globomedia traducida ao galego. Sra. Dña. Elvira Patiño Ojea Estimada. Vimos o comunicado que a CIG fixo público sobre o acontecido no capítulo da serie de Los Serrano que se emitiu o 23 de febreiro pasado. En primeiro lugar, queremos transmitirlle o respecto que Globomedia ten por calquera persoa e colectivo discapacitado e o coidado co que sempre tratamos aos afectados. A discapacidade, sexa a que sexa, abordámola nas nosas producións e, mesmo, temos integrado laboralmente na nosa compañía a persoas afectadas. Canto ao personaxe esporádico de Lola na serie Los Serrano, unha galega embarazada e con problemas de tendonitis por mor do seu traballo nunha conserveira, queremos manifestar que, en ningún caso, estivo no noso ánimo desprezar ou infravalorar a unha persoa por ser muller, estar embarazada ou por sufrir unha discapacidade. A fronte da produción executiva de Los Serrano traballan dúas mulleres, a directora é unha muller e o cincuenta por cento dos profesionais que escriben os guións desta serie son mulleres e, a pesar de que en fición e máis en clave de comedia se traballa con personaxes que nada teñen que ver coa realidade, recoñecemos que o tratamento do personaxe de Lola foi inadecuado. Lamentamos profundamente que as mulleres discapacitadas se sentiran feridas por iso. Exprésolle o noso máis absoluto respecto cara as mulleres, de calquera comunidade ou nacionalidade, e, por suposto aos colectivos discapacitados. Un saúdo.
|
|||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 04/03/2005 |