|
Actualidade CIG-Comunicación-
1. Por cuarto ano consecutivo asinan un acordo de incremento salarial do 2% para a maioría dos convenios colectivos, a pesar dos escandalosos beneficios da banca, da bolsa e das grandes empresas. 2. Acordan tamén o incremento da produtividade e o control do absentismo (baixas). 3. Para asinar estes acordos non contan coa opinión dos traballadores e traballadoras, precisamente os que se verán afectados por estas medidas. 4. Os asinantes deste acordo deben pensar que temos salarios moi altos, que traballamos pouco e collemos moitas baixas; por tanto terían razón as mutuas na súa política de acoso para denegar as baixas e forzar as altas. 5. Coa trampa do IPC, que afecta ás rendas máis baixas, o salario debe subir como mínimo 42 euros ao mes para non perder poder adquisitivo, pero con este pacto do 2% sempre quedariamos moi por baixo desta cantidade. 6. Esta moderación salarial, que pactan, deberían aplicala eles para os seus salarios, tamén pasar uns meses no desemprego e logo ter un contrato precario para coñecer a verdadeira realidade da clase traballadora. 7. Contra esta práctica sindical de entrega, defendamos a dignidade do noso salario e os noso dereitos. Participemos do sindicalismo que loita. 8. Contra estes pactos a mellor defensa son os convenios en Galiza. |
|||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 30/03/2005 |