ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 8 de marzo de 2005

Situación laboral da muller en Caixa Galicia
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Clic para aumentar
Caixa Galicia é unha empresa masculina dirixida por homes. A nova carreira profesional afecta sobre todo ás mulleres; o número de compañeiras no nivel XII, cando a incorporación á empresa nos últimos cinco anos foi paritaria, reflicte que os homes ascenden antes. (Foto: Acto reivindicativo na celebración do Día da Muller Traballadora 2003, en Vigo. Lenda central: “Discriminación para acceder a categorías superiores”. ©Fernando Pol).
 
A Sección Sindical da CIG en Caixa Galicia vén de facer público un informe no que analiza a situación da muller dentro da empresa e a súa inserción na carreira profesional creada no Convenio de Aforro 2003-2006.

Reproducimos a continuación o comunicado que se repartirá o día 8 de marzo entre o persoal da empresa.


8 de marzo, Día da muller traballadora
Situación laboral da muller en Caixa Galicia

Na nosa empresa, as mulleres pasamos máis tempo con contratos temporais antes de pasar a fixas que os homes e a carreira profesional como apoderadas ten como tope as Intervencións; son moi raros os casos de mulleres Directoras ou Xefas de Zona.

Pero a pregunta é ¿discrimina Caixa Galicia ás mulleres? Trataremos de contestala en base aos datos do cadro de persoal a nivel galego.


Presenza da muller na Alta dirección de Caixa Galicia

O primeiro é analizar quen manda na empresa, e temos que dicir que a presenza das mulleres na alta Dirección da Empresa, nos niveis retributivos I e II é moi cativa.

Nivel

Total cadro persoal

Mulleres

% mulleres

I

76

3

3,94

II

188

15

7,97

Fonte: Censo Persoal Galiza. Xaneiro 2005.


A quen afecta a nova carreira profesional?

A carreira profesional creada no Convenio 2003-2006, limita o ascenso ata o nivel VIII. Así, este persoal realiza as mesmas funcións que os/as antigos Oficiais Primeira e Superiores, pero teñen unhas retribucións menores. O seguinte paso pois é analizar a carreira profesional.

Persoas entre nivel VIII e XIII

Mulleres

% mulleres

586

357

60,00

Fonte: Censo Persoal Galiza. Xaneiro 2005.


Distribución por categorías na nova carreira profesional

Nivel

Total

Mulleres

% mulleres

VIII

107

51

47,66

IX

65

34

52,30

X

60

35

58,33

XI

22

12

54,54

XII

293

207

70,64

XIII

39

18

46,15

Fonte: Censo Persoal Galiza. Xaneiro 2005.

A nova carreira profesional afecta sobre todo ás mulleres; o número de compañeiras no nivel XII, cando a incorporación á empresa nos últimos cinco anos foi paritaria, reflicte que os homes ascenden antes.

Caixa Galicia é unha empresa masculina dirixida por homes. É necesario introducir cambios estruturais que permitan a integración real das mulleres.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/03/2005
cig.informatica