ActualidadeVolver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade


Vigo, 29 de abril de 2005

XX Convenio da Banca Privada
Comunicado nº 8
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Clic para aumentar
Convenio Galego, XA!
 
¿Un “Convenio de Transición”?

Desta vez a prensa non mentía. Nesta semana varios medios de comunicación anunciaban que estaba próxima a sinatura do Convenio de Banca. Esta nova podería causar estrañeza, xa que a AEB non fixera ata o de agora ningún tipo de contraproposta na Mesa Negociadora.

Despois dunha proposta á baixa por parte de CCOO e UGT, a patronal anunciou que está disposta a entrar na negociación dun Convenio Colectivo por 2 anos baixo os seguintes termos:

  • Suba Salarial. Están dispostos a estudar que a suba sexa a media dos convenios, con cláusula de revisión. Non indican cal é a suposta media, nin se a cláusula de revisión será "atenuada" ou con dereito a cobrar atrasos.

    Uns e outros descartan polo tanto a recuperación do poder adquisitivo perdido nos anteriores convenios.

  • O convenio podería recoller compromisos sobre outras materias como Anticipos, Conciliación da vida laboral e familiar, Permiso de lactación, Igualdade de oportunidades, etc...

  • Temas tales como a Redución da xornada, Libranza de sábados, Horarios e Categorías quedarían previsiblemente aparcados, e se crearía unha Comisión de Estudo.

O vindeiro día 11 de maio está prevista unha nova xuntanza centrada nestes puntos. Poderíase interpretar que o trío AEB-CCOO-UGT pretenden o que eles denominan un "Convenio de Transición".

Nos anteriores 10 anos o salario do persoal perdeu ata un 10% do poder adquisitivo en relación ao IPC real; os beneficios empresariais subiron no 2004 un 32%; o IPC-interanual está situado nun 3,4. Pola contra, os salarios dalgúns directivos de banca subiron neste ano 2005 un 8%.

¿De que “Transición” falan?


Galiza, 28 de abril de 2005.

 
 
 
pdfDescarga, imprime e difunde

 
Volver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 29/04/2005
cig.informatica