ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 10 de maio de 2005

A patronal imposibilita o acordo para evitar a folga de transporte de A Coruña a partir do 16 de maio
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Foto CIG: Xesús María Pastoriza, clic para aumentar
Xesús María Pastoriza, portavoz do Comité de Folga e responsábel da área de Transporte da CIG, explica que “todo parece indicar que hai unha parte da patronal que ten interese en que exista esta folga, xa que para eles trátase dunha folga estratéxica de cara á compra venda de empresas”. (Foto: ©galizacig.com, 21/04/2005).
 
Tras das conversas mantidas coa patronal de viaxeiros non foi posíbel chegar a ningún acordo malia os múltiples intentos. Aínda que haberá novas reunións para evitar a convocatoria definitiva de folga, o acordo coa patronal semella inviábel dada a súa actitude.

A cerrazón da patronal no seu intento de flexibilizar a xornada é o obstáculo que impide asinar o convenio e, de feito, xa hai empresas que non o están aplicando (por exemplo Arriva), o que leva a un grao de tensión maior entre os traballadores.

“Todo parece indicar que hai unha parte da patronal que ten interese en que exista esta folga, xa que para eles trátase dunha folga estratéxica de cara á compra venda de empresas”, explica Xesús María Pastoriza, portavoz do Comité de Folga e responsábel da área de Transporte da CIG.

Xa se desenvolveron todas as asembleas de traballadores do convenio provincial de viaxeiros en autobús que aprobaron a convocatoria de folga proposta e que comezará o 16 de maio con carácter indefinido.

Os traballadores manifestan o seu pesar por ter que tomar esta medida e piden disculpas aos usuarios, pero explican que “a intransixencia da patronal non nos deixa outra alternativa”.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/05/2005
cig.informatica