|
Actualidade
Santiago, 26 de maio de 2005
Afectados polas obras do Porto Exterior de
A Coruña demandan a axilidade das obras nas negociacións
Mariscadores, percebeiros e barcos de baixura siguen faenando malia iniciarse as voladuras
| |
 |
| O informe detalla o grave problema en cuestión
de superficie agraria útil que arrastra o agro galego por mor da proliferación descontrolada de plantacións
forestais, especialmente de eucalipto, e da invasión de terras agrarias. Os datos son reveladores: a superficie
agraria útil en Galiza constitúe o 15% do territorio, mentres que no resto do Estado supón
o 51%; e ningún país da Unión Europea ten menos do 40% do seu territorio dedicado a usos agropecuarios. (Foto: Percebeiro faenando en Punta Langosteira, ©Xosé
Castro). |
| |
O mércores 25 de maio comezaban as voladuras
para pór en marcha as obras do Porto Exterior de A Coruña. Mentres colocaban os detonadores e os
explosivos, mariscadores, percebeiros e barcos de baixura continuaban desenvolvendo a súa actividade na
zona para demandar así que as negociacións vaian, cando menos, ao mesmo ritmo que as obras.
Os recursos da zona afectada polas obras do porto
exterior desapareceron xa coas primeiras voladuras. Pedras cargadas de percebes saltaron polo aire, mentres os
afectados polas obras agardan aínda que se negocien alternativas para o sector e se lles compense economicamente
polas perdas provocadas polas obras.
Por iso, preto de 100 mariscadores e percebeiros,
e varios barcos de baixura, acudiron a traballar na mesma zona onde se estaban a efectuar as voladuras. Esta decisión
adoptábase na asemblea celebrada o martes 24 de maio coa fin de demandar que as negociacións comprometidas
vaian coa mesma axilidade das obras.
|