ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 14 de xuño de 2005

A Executiva Confederal aproba a distribución de responsabilidades entre os seus membros
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


A Executiva Confederal da CIG distribuíu as responsabilidades entre os seus membros na reunión celebrada o luns 13 de xuño. En todo caso, tal e como se recolle no “Regulamento de estrutura e funcionamento da Executiva Confederal da CIG” esta asume un traballo colectivo de dirección da central sindical. As materias atribuídas a cada Secretaría Confederal, por iso non son compartimentos independentes dos demais, senón parte do traballo colectivo.

A distribución das áreas de traballo pretende responder aos principios de racionalidade e operatividade sindical. Cada Secretaría Confederal ten a responsabilidade directa sobre a área de traballo que lle compete, tanto interna como externamente.

Diste xeito, na xuntanza da Executiva, celebrada o luns 13 de xuño, estebeleceuse a seguinte distribución de responsabilidades.


Secretaría Xeral
Foto CIG: Suso Seixo Fernández, clic para aumentar • Exercer a máxima representación pública da CIG.

• Coordinar e impulsar o traballo da Executiva Confederal.

• Convocar e presidir as reunións da Executiva, Secretariado e Consello Confederais.

• Responsabilidade da Área de internacional. Esta área contará cun departamento baixo a responsabilidade dun director adxunto á Secretaría Xeral, así como unha Comisión Nacional de seguimento, coordinación e orientación do traballo internacional.
Suso Seixo Fernández
Secretaría Confederal de Organización
Foto CIG: Chelo Martínez García, clic para aumentar • Seguimento da constitución e funcionamento das diferentes estruturas federativas e territoriais.

• Eleccións Sindicais.

• Campañas nacionais.

• Dirección da Oficina da CIG en Madrid.

• Relacións coas organizacións sociais. Polo que respecta ás organizacións sindicais, cada secretaría manterá as correspondentes relacións cos seus homólogos.

• Asinar as contas nacionais da Confederación, conxuntamente co/a secretario/a Confederal de Finanzas.
Consuelo Martínez García
Secretaría Confederal de Servizos e Afiliación
Foto CIG: Elvira Patiño Ojea, clic para aumentar • CIG-Emigración.

• Gabinete Técnico.

• Asesorías Xurídicas comarcais e nacional.

• Informatización.

• Afiliación: seguimento altas, baixas, protección de datos.

• Servizos complementarios (seguros, lecer...).

• Dirección do Gabinete Técnico nacional.

• Elaboración de Estudos e Informes.

• Apoio técnico en materia de negociación colectiva, emprego, traballo institucional e formación sindical.

• Responsábel da representación institucional en materia de migración.
Elvira Patiño Ogea
Secretaría Confederal de Finanzas
Foto CIG: Ramiro Oubiña Parracho, clic para aumentar • Xestión da Caixa Confederal.

• Elaboración e xestión orzamentaria. Xestión das transferencias internas.

• Relación coa Comisión Central de Control de Contas.

• Asinar as contas nacionais da CIG, conxuntamente co/a secretario/a Confederal de Organización.

• Seguimento da xestión da Caixa de Resistencia.

• Persoal.

• Patrimonio e infraestrutura.
Ramiro Oubiña Parracho
Secretaría Confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral
Foto CIG: Antolín Alcántara Álvarez, clic para aumentar • Elaboración das directrices xerais da Confederación en materia de negociación colectiva e saúde laboral.

• Seguimento e coordinación nesta materia coas federacións e territorios.

• Relación coa Comisión de Área Pública no que afecte á Negociación Colectiva.

• Sistemas públicos e privados de previsión social.

• Responsabilidade do Gabinete Técnico de Saúde Laboral.

• Responsábel da xestión e execución dos convenios que en materia de saúde laboral se asinen coas Administracións autonómica e central.

• Responsabilidade da representación institucional nesta área.
Antolín Alcántara Álvarez
Secretaría Confederal de Emprego
Foto CIG: Manuel Currás Meira, clic para aumentar • Responsabilidade da acción sindical na área de política industrial e emprego.

• Economía social (cooperativismo, sociedades anónimas laborais...).

• Campañas de sensibilización e mobilización relacionadas con estas materias.

• Responsabilidade da representación institucional nesta área.
Manuel Currás Meira
Secretaría Confederal de Institucional
Foto CIG: Bautista Vega Tato, clic para aumentar • Responsábel das Relacións Institucionais en Galiza e o Estado.

• Seguimento, coordinación e representación, se así se decidise, da participación da CIG nos organismos tripartitos a nivel de Galiza e o Estado que non estean asignados a outras secretarías, e nomeadamente no Consello Económico e Social de Galiza, Consello Económico e Social do Estado e Consello Galego de Relacións Laborais.
Bautista Vega Tato
Secretaría Confederal de Muller e Servizos Sociais
María do Carme López Santamariña; clic para aumentar • Participación no deseño da política global do Sindicato elaborando e promovendo medidas e plans de actuación dirixidos a conseguir a igualdade de dereitos das mulleres.

• Asesorar, orientar e informar nos temas relativos á situación da muller no mercado de traballo.

• Promover programas e medidas de acción positiva que aceleren a introdución efectiva da igualdade de dereitos no marco laboral e no seo do Sindicato.

• Promover medidas destinadas a acadar unha maior afiliación e participación sindical das mulleres.

• Elaborar o plan de Igualdade da Confederación.

• Coordinación do traballo das distintas Secretarías da Muller (Federativas e Comarcais).

• Promover e xestionar (subvencións...) a formación das mulleres.

• Estabelecer relacións con organizacións afíns nos temas de muller.

• Coñecer e difundir as distintas ordes das Consellarías de Asuntos Sociais e Familia, referentes a axudas por fillos, maiores, persoas dependentes...

• Elaborar novas propostas sobre escolas infantís, centros sociais...

• Coordinación e seguimento do traballo e alternativas daqueles colectivos sociais relacionados con esta materia.

• Medio Ambiente.

• Responsábel da representación institucional nestas áreas.
María do Carme López Santamariña
Secretaría Confederal de Formación profesional
Foto CIG: Fernando Sabio Maroño, clic para aumentar • Elaboración de propostas sobre política de intervención sindical da CIG en Formación Ocupacional e Continua.

• Impulsar e coordinar a participación das estruturas sectoriais e territoriais da CIG na Formación Profesional.

• Responsabilidade da participación institucional da CIG no que atinxe a Formación Ocupacional e Continua.

• Ser apoderado de FORGA.
Fernando Sabio Maroño
Secretaría Confederal de Formación Sindical e Comunicación
Foto CIG: Manuel Mera Sánchez, clic para aumentar • Política de cadros e formación de delegados/as, en coordinación coas federacións e comarcas.

• Xornadas, publicacións e divulgación de análises relacionadas coa cultura, historia e formación sindical.

• Cultura e Lingua (Normalización Lingüística, acción cultural, estudos sociais...).

• Centro de Documentación.

• Responsabilidades da Área de Comunicación (Gabinete de Prensa, páxina web, Tempo Sindical, Boletín Sindical e outros medios de comunicación propios).

• Apoderado xeral de FESGA.
Manuel Mera Sánchez
Secretaría Confederal de Propaganda
Foto CIG: Xosé Francisco Miranda Vigo, clic para aumentar • Elaboración e distribución de todo o material propagandístico a nivel confederal (carteis, pancartas, panfletos...).
Xosé Francisco Miranda Vigo
Secretaría Confederal de Inclusión Social
Foto CIG: Mar Peteira Cabana, clic para aumentar • Inclusión Social.

• Voluntariado.

• Responsabilidade da representación institucional nesta área.
Mar Peteira Cabana

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/06/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta