|
Actualidade CIG-Comunicación-
O secretario comarcal da FGAMT en A Coruña, Ernesto López Rei, denuncia que as paradas son moitas delas inadecuadas e perigosas; que as máquinas non están instaladas ao ritmo que din tanto a empresa como a Dirección Xeral de Transportes, xa que moitas veces é “un auténtico galimatías porque o traballador non ten orde de dar billete -non dispón de nada para dalo- e o usuario quéreo para reclamar logo o desconto”. Ademais, as marquesinas son inexistentes por agora, o que provoca que os condutores non saiban moitas veces que paradas teñen que facer e son os propios usuarios os que acaban por dicirlles onde teñen que parar. Desde a FGAMT subliñan que “a propaganda está ben, pero as mentiras da Dirección Xeral de Transporte e a incompetencia tanto de Arriva como da propia Dirección Xeral son manifestas”. |
|||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 20/06/2005 |