|
Actualidade CIG-Comunicación-
A nova Executiva Federal da CIG-Administración Pública queda composta por: Xosé Carlos Crespo Santiago, Foron designados representantes da Federación no Consello Confederal: Xosé Carlos Crespo Santiago, No decurso dos días 17 e 18 de xuño CIG-Administración celebrou o seu IV Congreso Federal. Dúas xornadas de intenso debate nas que se aprobaron o Informe de Xestión da Executiva Federal, o Programa de Acción Sindical e o Relatorio de Organización e Estatutos. Ademais, renováronse os seus órgaos de dirección: Executiva Federal e Secretario Nacional, cargo para o que quedou designado Xosé Carlos Crespo Santiago.
O IV Congreso da Federación de Administración Pública marcouse como un dos principais retos a mellora da estrutura organizativa, a fin de harmonizar as estruturas territoriais (Comarcas) coas sectoriais (Sectores) que conforman a Federación. Para isto, propúxose nas modificacións estatutarias a creación dun organismo intermedio entre a Dirección Nacional e a Executiva Federal na que estean representados, ademais da Executiva Federal, os/as secretarios/as dos Sectores e das Comarcas, en coherencia coa Estrutura Confederal, que afondará na coordinación entre os distintos organismos e dotará á Federación da axilidade suficiente para dar resposta aos retos cos que se enfronta. Unha modificación que foi aprobada ao seren aprobados os Estatutos. No Informe de Xestión, a Executiva Federal tamén destacou o esforzo mobilizador destes catro anos, subliñando, entre outras, as mobilizacións polo IV Convenio do Persoal Laboral da Xunta de Galicia, coa colocación dunha caravana con presenza permanente dos delegados/as da CIG as 24 horas do día, desde o mes de maio até o mes de setembro de 2001, data na que se asinou o Convenio. Tamén se destacou o importante protagonismo da Administración Pública na folga xeral estatal convocada o 21 de xuño de 2002, contra a política económica do Goberno. Ademais destas, tamén se lembraron as mobilizacións contra o Acordo de Madrid entre o Goberno do PP e os sindicatos CCOO, UGT e CSI-CSIF, con concentracións nos centros de traballo e diante das Subdelegacións do Goberno, en novembro do 2002; a campaña contra os orzamentos do 2004, que rematou cunha manifestación de delegados/as diante de San Caetano nos meses de novembro e decembro de 2003; a concentración de delegados/as da Área Pública da CIG contra os orzamentos da Xunta para 2005, o 20 de outubro de 2005; a concentración de delegados/as da Área Pública da CIG contra os orzamentos do Estado para 2005; a folga xeral para o persoal da Xunta de Galicia por melloras laborais e retributivas, conxunta con CCOO e UGT, o 21 de decembro de 2004; as concentracións diante das dependencias da Xunta por melloras salariais, o 12 de maio de 2005; a concentración e manifestación diante das dependencias de San Caetano por melloras salariais, o 25 de maio de 2005, e o paro de 10:30 ás 12:00 horas do persoal da Xunta de Galiza en defensa da mellora das condicións de traballo e dos salarios. Este paro rematou cun peche exclusivo dos delegados e delegadas da CIG nas dependencias da Xunta en Lugo e Vigo. Ademais, houbo moitas outras mobilizacións de carácter local nas que CIG-Administración Pública tivo un importante protagonismo.
A respecto do Estatuto Básico da Función Pública, que aínda se está a elaborar, CIG-Administración xa avanzaba no seu Congreso que este texto, para o que xa hai un informe para a elaboración dun borrador, “agardamos que sexa un código descentralizador, dirixido a todos os colectivos de empregados e empregadas públicos (funcionarios/as e laborais) e que aborde as nosas aspiracións en materias sociais que melloren as nosas condicións de vida e de traballo. Se non fose así, terá a nosa frontal oposición”. Nestes momentos, aprobouse na Mesa Xeral de Negociación de Madrid a modificación da Lei 9/87, de Órganos de representación, na que se inclúe a representación do persoal laboral para o cómputo da representatividade e se crea unha Mesa Xeral de Negociación para a Administración do Estado, “aínda que pensamos que debería ser máis ambiciosa e modificar o sistema das unidades electorais por centro de traballo, en lugar das de carácter provincial vixentes na actualidade”. CIG-Administración denunciaba ademais, no propio Informe de Xestión que “queremos poñer de manifesto que na Mesa de Diálogo social, na que están o Goberno e CCOO, UGT e CSIF, estanse a negociar materias que deberían ser obxecto de negociación nas Mesas nas que estamos presentes ademais outros sindicatos, xa que afectan ás condicións laborais das empregadas e empregados públicos, o que supón furtar á nosa Organización o dereito a participar na negociación colectiva, á que temos dereito por lei. Cando estas materias chegan ás Mesas, xa están totalmente pactadas co sindicalismo estatal, ao obxecto de marxinar as organizacións que lles poden ser incómodas”.
O IV Congreso asumiu como súas as conclusións do IV Congreso Confederal da CIG, subliñando e aprobando así as seguintes: 1. A dinámica sindical dos catro últimos anos estivo marcada polas políticas neoliberais no campo económico, social e laboral; polas políticas centralistas, excluíntes e represoras das liberdades públicas levadas adiante polos gobernos do PP. 2. A situación económica e sociolaboral de Galiza segue sen gañar posicións no contexto do Estado, entre outras razóns, debido á falta de compromiso e de políticas por parte da Xunta de Galiza acordes coa nosa realidade e as nosas necesidades.
4. A loita contra a precariedade, a defensa do posto de traballo na nosa Terra e a loita contra a sinistralidade laboral seguen a ser obxectivos fundamentais da nosa acción sindical. 5. A negociación colectiva, altamente condicionada pola precariedade e polos acordos estatais interconfederais, require pola nosa parte dun forte esforzo organizativo e dunha maior implicación de todos os cadros e organismos da central para garantir que a mesma recupere a súa capacidade mobilizadora, de toma de consciencia e de mellora das condicións de vida e de traballo. Temos que seguir traballando para ampliar os convenios que se negocian en Galiza. 6. O incremento da afiliación, as medidas adoptadas en materia de reparto da cota e de fortalecemento das estruturas federativas, así como os cambios dos métodos de traballo, van posibilitar situar a nosa organización en condicións de liderar a dinámica sindical en Galiza. 7. A deterioración intencionada por parte dos gobernos de servizos públicos esenciais como o ensino e a sanidade, en beneficio do sector privado, esixe de nós a implicación de toda a central sindical na oposición á súa privatización e na defensa da calidade destes. 8. A problemática de xénero, a loita contra a discriminación e pola igualdade de dereitos da muller, debe estar presente na nosa acción sindical a todos os niveis, empezando pola propia composición dos organismos da central. 9. Temos que seguir consolidando o traballo e a infraestrutura que xa hoxe temos en materia de formación, tanto profesional como sindical. Así mesmo, temos que reforzar os nosos medios de comunicación con afiliados/as e cos traballadores/as en xeral. 10. Como parte importante que somos do movemento nacionalista galego, temos que contribuír con noso esforzo ao fortalecemento global do nacionalismo, a que este acade unha maior introdución social e institucional e a lograr maiores cotas de soberanía política para a nosa nación.
Unha vez rematado todo o proceso de debate e eleccións, o IV Congreso da CIG-Administración foi clausurado polo secretario xeral da CIG, Suso Seixo, quen nunha breve intervención, subliñou a importancia de reforzar organizativamente á central sindical, para poder “afrontar todos os retos que en materia de acción sindical temos que sacar adiante nos próximos anos”. Seixo tamén incidiu na relevancia da negociación colectiva “como instrumento básico da nosa acción sindical, porque é onde os traballadores e traballadoras poden vivir máis directamente as contradicións de clase e a loita por unhas mellores condicións de traballo”, para rachar coa burocratización imposta polos sindicatos estatais. O secretario xeral da CIG rematou lembrando as loitas que se deron no último ano e que teñen que ver coa precariedade laboral existente e todo o que iso conleva, “mesmo nos índices de accidentes laborais que temos, moi por riba da media estatal e europea”. Loitas nas que destacou o importante papel da CIG-Administración, tanto de rexeitamento dos acordos que asinan CCOO e UGT, que teñen provocado a perda de poder adquisitivo dos salarios, como na reclamación de melloras laborais e salariais para os traballadores da Administración Pública. |
||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 22/06/2005 |