|
Actualidade
Santiago, 15 de xuño de 2005
Incrementouse a afiliación nun 8% e
é maioritaria nos grandes centros de traballo
IV Congreso da federación de CIG-Administración
| |
 |
| Ao longo destes catro anos CIG-Administración
ten consolidado a súa posición, cun medre de afiliación dun 8% e como central sindical maioritaria
nos grandes centros de traballo. Este incremento débese, fundamentalmente, á constante defensa dos
dereitos dos traballadores e á firme defensa duns servizos públicos eficaces, galegos e próximos,
tal e como o propio lema do Congreso recolle.
(Foto: Xosé Carlos Crespo Santiago, secretario nacional de CIG-Adminstración, na manifestación
do 1º de maio de 2004 en Vigo. ©Fernando Pol). |
| |
CIG-Administración convoca o seu IV Congreso,
que terá lugar os días 17 e 18 de xuño no Hotel Riazor de A Coruña. Baixo o lema “Servizos
Públicos: galegos, próximos e eficaces”, os 198 congresistas participantes debaterán os relatorios
de Organización e Estatutos e de Acción Sindical, a través dos que se determinarán
as liñas de actuación sindical e de negociación colectiva da federación para os próximos
catro anos.
A Federación de CIG Administración
elixirá no seu Congreso ao que será o secretario nacional e aos 9 membros da Executiva Federal. Ademais
decidirán os cinco membros que, xunto ao secretario nacional, os representarán no Consello Confederal.
Ao Congreso están convidadas todas as estruturas
sectoriais do sindicato e tamén diversas organizacións sindicais do ámbito do nacionalismo,
entre as que destacan ELA, LAB, Intersindical Valenciana, Intersindical Canaria de Administración Pública
e Sindicato de Trabalhadores de Administración Local (integrado no CGTP).
Ao longo destes catro anos CIG-Administración
ten consolidado a súa posición, cun medre de afiliación dun 8% e como central sindical maioritaria
nos grandes centros de traballo.
Este incremento débese, fundamentalmente,
á constante defensa dos dereitos dos traballadores e á firme defensa duns servizos públicos
eficaces, galegos e próximos, tal e como o propio lema do Congreso recolle.
Ademais, CIG-Administración ten constatado
o seu papel dinamizador e mobilizador para reivindicar que eses dereitos sexan recoñecidos. Reivindicación
que se traduciu no rexeitamento tanto dos orzamentos da Xunta, como dos orzamentos do estado, “porque contribuíron
a deteriorar o poder adquisitivo dos/as empregados/as públicos”, explica o secretario nacional, Xosé
Carlos Crespo Santiago.
Acto de clausura
No acto de clausura participarán, ademais
do secretario nacional electo, o secretario comarcal da CIG de A Coruña, Paulo Carril, e o secretario xeral
da CIG, Suso Seixo.
| IV Congreso CIG-Administración - Horario |
| Venres 17 |
| 16:30-17:00 |
Recepción de congresistas e entrega de documentación. |
| 17:00-17:30 |
Inauguración oficial e presentación
de convidados. |
| 17:30-18:15 |
Informe da Executiva, informe de Finanzas e votación
en pleno. |
| 18:15-18:30 |
Debate e votación do regulamento. |
| 18:30-18:45 |
Elección da Mesa presidencial e dimisión
da Executiva. |
| 18:45-19:15 |
Debate e votación en pleno do relatorio
de Acción Sindical. |
| 19:15-21:15 |
Debate e votación en pleno do relatorio
de Estatutos. |
| Sábado 18 |
| 09:30-10:30 |
Remate do prazo de presentación de Candidaturas
e Resolucións para a elección dos órganos e dos cargos que estabelezan os estatutos (Secretario
Xeral, Executiva e representantes no Consello Confederal) e intervención das delegacións convidadas. |
| 10:30-10:45 |
Anuncio das candidaturas presentadas. |
| 10:45-11:45 |
Intervención dos candidatos/as. |
| 11:45-13:15 |
Votación, reconto e proclamación
dos candidatos electos. |
| 13:15-13:45 |
Resolucións especiais. |
| 13:45-14:30 |
Acto de clausura. |
|