|
Actualidade CIG-Comunicación-
Esta concentración-peche é continuidade das mobilizacións que vén realizando este colectivo polas obras que se están levando a cabo para construír o Porto Exterior de A Coruña. “Queremos denunciar os incumprimentos de todas as administracións dos compromisos que adquiriron cos afectados e, nomeadamente, a prepotencia da Autoridade Portuaria”, explica Paulo Carril, secretario comarcal de A Coruña e portavoz do colectivo. Para o colectivo a Consellaría debería encabezar as súas demandas de compensacións económicas por unhas perdas que se van incrementando a medida que avanzan as obras e buscar alternativas para que os afectados podan continuar desenvolvendo a súa actividade. Ademais, exixen que se avale o informe económico realizado polo Grupo de Investigación da Universidade de Santiago -no que están integrados os economistas María do Carme García Negro e Xan Doldán, entre outros-, no que as perdas cífranse nuns 27,6 millóns de euros. A estas peticións realizadas diante da Consellaría engaden a de que Pesca “demande que se paren as voladuras e as obras até que non se dean solucións aos afectados”, sinala Paulo Carril, para quen as promesas dos representantes desta administración non foron máis que “palabrería electoral”. Carril estende as súas críticas tanto ao Goberno central como á Xunta de Galiza, pola absoluta indiferencia coa que tratan ao colectivo. “Demandamos que teñan a mesma preocupación para atender as demandas dos afectados que a que amosaron cando se trataba de pedir o comezo das obras”, afirma. |
|||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 16/06/2005 |