|
Actualidade CIG-Comunicación-
O mércores 27 de xullo a CIG de A Coruña mantivo unha reunión co xefe da Inspección Provincial de Traballo para facer seguimento das actuacións da Inspección con motivo da denuncia presentada pola CIG contra a UTE e a Autoridade Portuaria o 21 de xullo, tras do accidente mortal de Punta Langosteira. Desde a CIG trasladóuselle á inspección a importancia e a necesidade de que se produzan resultados rápidos e inmediatos no esclarecemento dos feitos e na definición das graves responsabilidades das empresas e da Autoridade Portuaria neste accidente. Ao tempo, demandouse a adopción de medidas
de seguridade precisas para que no futuro non se repitan máis accidentes nesta obra. |
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 29/07/2005 |