ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 23 de xullo de 2005

A FGAMT demanda do bipartito que non se autorice a segregación das liñas de Arriva
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Foto CIG: Autobús Monbus, clic para aumentar
A Federación de Alimentación, Mar e Transporte da comarca de A Coruña vén de anunciar que se dirixirá tanto ao PSOE como ao BNG para que, no que respecta “á desfeita” que pretenden facer as empresas compradoras (MONBUS, AUCASA e AUTOS VÁZQUEZ) e a vendedora (ARRIVA NOROESTE SL) coa mobilidade na Costa da Morte, “non lle autoricen” desde a Dirección Xeral de Transportes tal segregación de liñas. (Foto: Autobús da empresa Monbus circulando pola Avenida de Castrelos en Vigo. ©Fernando Pol).
 
A FGAMT de A Coruña demanda do novo goberno BNG-PSOE que non se autorice desde a Dirección de Transportes a segregación de liñas de Arriva Noroeste SL polas graves repercusións que terá para os usuarios.

A Federación de Alimentación, Mar e Transporte da comarca de A Coruña vén de anunciar que se dirixirá tanto ao PSOE como ao BNG para que, no que respecta “á desfeita” que pretenden facer as empresas compradoras (MONBUS, AUCASA e AUTOS VÁZQUEZ) e a vendedora (ARRIVA NOROESTE SL) coa mobilidade na Costa da Morte, “non lle autoricen” desde a Dirección Xeral de Transportes tal segregación de liñas.

A FGAMT entende que iso vai supor, dunha banda un encarecemento do transporte (polos múltiples transbordos que se terán que facer e o pouco aproveitamento que supón a segregación) e, pola outra, un trastorno evidente polo feito de ter que andar subindo e baixando de varios autobuses para os que veñan con destino A Coruña ou Santiago e destinos e orixes intermedios.

Ernesto López Rei, secretario comarcal da FGAMT, sinala que a nova administración “debe adoptar outra actitude a respecto do mapa concesional do transporte público de viaxeiros por estrada, xa que a antiga administración caracterizábase por facilitar a especulación e nunca por facilitar e promocionar a mobilidade en transporte público”.

López Rei agarda que ese cambio se efectivice e demanda que unha das medidas que se adopte desde a nova administración sexa precisamente impedir que se segregue o actual mapa concesional de Bergantiños e a Costa da Morte, propiciando que, no caso de existir unha venda se faga nun só bloque, utilizando calquera das alternativas (que as hai) dentro do dereito mercantil.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 23/07/2005
cig.informatica