|
Actualidade
Santiago, 28 de xullo de 2005
CIG-Construción propón
a CCOO e UGT denunciar ante a Inspección a morte do traballador do Porto Exterior
| |
 |
| A CIG denuncia como impresentábel e inoportuna
a información pública dada por responsábeis das empresas e aparecida nalgún medio de
comunicación, no que din que o traballador finado se equivocou á hora de facer o recheo. É
o colmo que as
empresas pretendan eludir as súas graves responsabilidades
e neglixencias neste accidente e falen desta forma tan irresponsábel, máis aínda cando o corpo
do falecido segue sen aparecer. (Foto:
Operativo de rescate no lugar do accidente laboral mortal
en Punta Langosteira o 19/07/2005). |
| |
A Federación da Construción e
Madeira da CIG de A Coruña propuxo ás federacións de CCOO e UGT manter unha xuntanza para
presentar denuncia conxunta na Inspección de Traballo polo accidente laboral mortal na obra de construción
do porto exterior de A Coruña, en Punta Langosteira. A CIG agarda aínda a resposta de ambos sindicatos.
A Federación de Construción e Madeira
da CIG de A Coruña, en relación co accidente laboral mortal
na obra de construción do porto exterior de Punta Langosteira informa que:
1. Denuncia como impresentábel e inoportuna
a información pública dada por responsábeis das empresas e aparecida nalgún medio de
comunicación, no que din que o traballador finado se equivocou á hora de facer o recheo.
É o colmo que as empresas pretendan eludir as súas graves responsabilidades e neglixencias neste accidente e falen desta forma tan
irresponsábel, máis aínda cando o corpo do falecido segue sen aparecer.
2. Dentro das actuacións iniciadas en pasados
días, a Federación da Construción da CIG acordou convocar unha reunión coas Federacións
respectivas de CCOO e UGT para prantexarlles tomar, entre outras medidas, as seguintes:
- Pór en común a denuncia na Inspección
de Traballo.
- Definir ser parte como acusación no procedemento
xudicial en trámites, de abrirse no xulgado.
- A urxente convocatoria de todas as partes implicadas
nesta obra, Autoridade Portuaria, UTE, Empresa afectada e todas aquelas que operan alí, para exixir unha
información real deste accidente e para planificar a seguridade nesta obra, a fin de evitar que, no futuro,
poida volver acontecer un grave accidente como este.
Logo de varios intentos de reunión a Federación
da Construción segue agardando a resposta das Federacións de UGT e CCOO.
|