|
Actualidade / Opinión
Santiago, 8 de xullo de 2005
DESDE
O VENTRE
DA BALEA
Aznar aínda
Aznar e o PP (no que a cabeza de Rajoy abaneaba
perigosamente para o seu dono) parecen estar en plena e permanente cruzada españolista, pretendendo ao mesmo
tempo crear desgaste no actual Goberno de Rodríguez Zapatero. A interlocución deste cos nacionalismos
galego, vasco e catalán, coa cuestión territorial como pano de fondo, é interpretada desde
o aznarismo como unha creba da ‘unidade de España’.
| |
 |
| o FAEScista Aznar volve a formular a estraña
ecuación ‘nacionalismo=terrorismo’, que só pode aniñar nunha mente tan perversa como a do
penúltimo inquilino da presidencia do Goberno español. E a estas alturas, xa chove ben sobre mollado,
e máis en quen non pode escapar á súa responsabilidade política como máximo
gobernante nos momentos en que o terrorismo golpeou cruelmente o Estado español, nos crueis sucesos do 11
de marzo de 2004 en Madrid e todo o que derivou de aí. |
| |
Desta volta foi no discurso inaugural do Campus FAES
2005, o pasado luns. O ex presidente do Goberno español, o inefábel José María Aznar,
volveu á carga, “centrando” a mensaxe do seu partido nun novo escoramento á dereita. Esta vez o belicoso
Presidente de Honra do PP dixo, entre outras cousas, baballadas como a que segue: “na miña opinión,
o debate sobre a configuración territorial de España é inseparábel do debate do terrorismo
contra España”.
E é que o falar non ten cancelas. E menos
as ten para quen, desde a súa atalaia política, dispara sabendo sempre que as súas palabras
terán un eco mediático preciso, eco necesario para lle lembrar ao minguado Rajoy que o único
deus verdadeiro da dereita conservadora é o propio Aznar e con el están os seus apóstolos
Acebes e Zaplana. Incluso o mesurado Piqué tivo que morder a lingua estes días, despois de dicir
en público o que outros calan e outorgan, advertindo de que a viraxe cara á “máis dereita”
encabezada por estes dous personaxes pon en perigo a credibilidade social e a recuperación electoral do
PP.
Volvendo ás palabras do ex presidente Aznar,
o certo é que nelas está contida en estado puro unha das formulacións políticas principais
e centrais do pensamiento aznariano e, xa que logo, da dereita reaccionaria e xacobina que representa o PP. Lonxe
quedan aqueles amagos de centrismo, na primeira lexislatura -sen maioría absoluta- do Goberno de Aznar,
con fluídas relacións cos nacionalismos vasco e catalán hexemónicos (PNV e CiU). Como
non lembrar o catalán que falaba “na intimidade” o ex Presidente do Goberno español!
| |
 |
| o discurso de Aznar na FAES deixa un oco para
o lirismo máis cursi, e aínda que pareza mentira o ex presidente do Goberno español chega
a construír frases como estas: “A liberdade é poderosa. A liberdade é contaxiosa. A liberdade
é creativa e multiplicadora. Mais a liberdade tamén é fráxil”. Sobran os comentarios. (Fonte: Ibis.dk). |
| |
Aznar e o PP (no que a cabeza de Rajoy abaneaba perigosamente
para o seu dono) parecen estar en plena e permanente cruzada españolista, xa a estas alturas indisimulada,
pretendendo ao mesmo tempo crear desgaste no actual Goberno de Rodríguez Zapatero. A interlocución
deste cos nacionalismos galego, vasco e catalán, coa cuestión territorial como pano de fondo, é
interpretada desde o aznarismo como unha creba da ‘unidade de España’, en consonancia cos postulados soberanistas
dos devanditos nacionalismos. Toda unha estocada a calquera mínimo principio democrático, que retrotrae
a Aznar aos tempos en que abenzoaba a solución fascista para o convulso Estado español de comezos
dos anos 80.
Por se isto fose pouco, o FAEScista Aznar volve
a formular a estraña ecuación ‘nacionalismo=terrorismo’, que só pode aniñar nunha mente
tan perversa como a do penúltimo inquilino da presidencia do Goberno español. E a estas alturas,
xa chove ben sobre mollado, e máis en quen non pode escapar á súa responsabilidade política
como máximo gobernante nos momentos en que o terrorismo golpeou cruelmente o Estado español, nos
crueis sucesos do 11 de marzo de 2004 en Madrid e todo o que derivou de aí.
Ademais disto, é todo un sarcasmo que quen
foi -e gustaría de seguir sendo- un dos máis fieis escudeiros do presidente ianqui Bush (auténtico
‘señor da guerra’ a escala mundial) encha a boca coa palabra “terrorismo” unha e outra vez, como se a guerra
de ocupación de Iraq non fose senón unha acción de terrorismo de Estado, por moito que determinados
organismos internacionais non ousen darlle tal denominación.
Así e todo, o discurso de Aznar na FAES
deixa un oco para o lirismo máis cursi, e aínda que pareza mentira o ex presidente do Goberno español
chega a construír frases como estas: “A liberdade é poderosa. A liberdade é contaxiosa. A
liberdade é creativa e multiplicadora. Mais a liberdade tamén é fráxil”. Sobran os
comentarios.
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2005.
Rafa Villar é escritor e responsábel
do Departamento de Normalización Lingüística da CIG.
|