|
Actualidade / Opinión
Santiago, 1 de xullo de 2005
DESDE
O VENTRE
DA BALEA
Galiza 2005: emerxe por fin a nación?
Só o nacionalismo pode ser quen de resituar
no mapa a Galiza nación, en contextos como o estatal e o europeo (...). Sen unha Galiza que se recoñeza
en si mesma, dificilmente se poderán erguer proxectos políticos de longo alcance para o país,
revitalizadores dos tecidos produtivos propios e restauradores do papel da nosa lingua e cultura.
| |
 |
| Poida que o recoñecemento -todo o simbólico
que se queira- da Galiza nación semelle un obxectivo político menor para o período que comeza,
pero nada máis lonxe da realidade. O reforzamento do sentido nacional de Galiza, a súa asunción
progresiva por unha maioría social de galegos e galegos, é un elemento chave para o noso desenvolvemento
ao longo do século que acaba de comezar.
(Foto: Manifestación no 1º de Maio de 2004 en Vigo. ©Fernando Pol). |
| |
Nin a incerteza creada pola proximidade do PP á
maioría parlamentaria, que o escrutinio do voto emigrante parecía alimentar, pode minusvalorar a
importancia da perda do Goberno da Xunta para o Partido Popular. O resultado da dereita en Galiza tras o 19 de
xuño, máis alá dun axustado reparto de escanos, é unha derrota sen paliativos dun modelo
político pernicioso, fundamentado nunhas relacións de poder fomentadoras do clientelismo e o caciquismo,
e no que a nación galega estaba e permanecía oculta.
Este último é un aspecto que ten
que devir en central no novo tempo que se abre, malia que o peso do nacionalismo no futuro Goberno galego estea
limitado por unha aritmética electoral desfavorábel. Mais só o nacionalismo pode ser quen
de resituar no mapa a Galiza nación, en contextos como o estatal e o europeo. Agardar iso dunha forza política
como o PSOE é pouco menos que pueril, aínda recoñecendo un mínimo esforzo de ‘aggiornamento
galeguista’ levado a cabo por Pérez Touriño e compañía nos últimos meses. Claro
que o esforzo destes xa ten que ser grande, porque a súa tradición como partido instalado no país
está determinada por un forte xacobinismo e unha indefinición arredor do estatus de Galiza.
Poida que o recoñecemento -todo o simbólico
que se queira- da Galiza nación semelle un obxectivo político menor para o período que comeza,
pero nada máis lonxe da realidade. O reforzamento do sentido nacional de Galiza, a súa asunción
progresiva por unha maioría social de galegos e galegos, é un elemento chave para o noso desenvolvemento
ao longo do século que acaba de comezar. Sen unha Galiza que se recoñeza en si mesma, dificilmente
se poderán erguer proxectos políticos de longo alcance para o país, revitalizadores dos tecidos
produtivos propios, restauradores do papel da nosa lingua e cultura e fomentadores dunha sociedade máis
xusta e máis igualitaria.
Calquera fuxida cara a adiante, que escape a este
reto e a esta responsabilidade do nacionalismo, xeraría en amplos sectores sociais unha carga de frustración
importante, da que levaría tempo desprenderse. Máis ca nunca, estes son momentos para a audacia e
para a acción intelixente; é moito o que temos por gañar, mais non é menor o que se
pode perder. A Historia pode absolvernos ou non.
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2005.
Rafa Villar é escritor e responsábel
do Departamento de Normalización Lingüística da CIG.
|