|
Actualidade CIG-Comunicación-
Ao longo do segundo trimestre do ano 2005 produciuse un leve incremento da poboación activa galega (0,3%), medre aportado unicamente polas mulleres (7.300), xa que entre a poboación masculina o número de activos descendeu (3.000). Esta é a tendencia dos últimos anos: medra a poboación activa feminina, a muller está en maior medida intentando acceder a un posto de traballo, está polo tanto en activo (outra cousa é que finalmente acade dito posto), e descende a masculina. Mentres o descenso da poboación masculina, se debe maioritariamente a unha saída definitiva do mercado laboral (por xubilación, incapacidade ou emigración), a evolución da feminina é moito máis fluctuante, dependendo tanto da situación do mercado como da persoal. Non todos os novos activos atoparon emprego. Neste segundo trimestre medrou o número de ocupados un 0,1%, 1.100 novos traballadores, dos cales 2.900 foron mulleres, entre os homes descendeu o número de ocupados en 1.900. Temos un menor incremento da ocupación que dos activos, polo que estes traballadores pasan a engrosar as listas de desempregados, de feito a taxa de paro medra: no primeiro trimestre deste ano acadaba ó 10,9% dos traballadores galegos, e no segundo subiu ata un 11,1%. As diferencias por sexos tamén son importantes. Entre as mulleres medrou moito máis o número de activas que o de ocupadas, polo que medrou a taxa de paro (dun 14,6% a un 15,2%); entre a poboación masculina a saída de activos foi maior que o descenso dos ocupados, polo que a taxa de paro masculina baixa ate o 7,9%, no primeiro trimestre estaba situada no 8,04%. A nivel sectorial a evolución foi moi heteroxénea, no sector primario e industrial perdeuse emprego, e tanto na construcción como en servicios medrou a ocupación. A distribución dos ocupados por sexo e
sectores é como segue: Total
S primario
Industria
Construción
Servizos
T1-05
T2-05
T1-05
T2-05
T1-05
T2-05
T1-05
T2-05
T1-05
T2-05
1.112,3
1.113,4
129,1
123,3
218,3
216,5
115,8
121,1
649,2
652,5
650,8
648,9
69,9
70,0
151,4
152,1
108,5
114,3
321,0
312,6
461,5
464,4
59,2
53,3
66,8
64,5
7,3
6,8
328,2
339,9
No sector servicios é onde se produce o maior incremento da ocupación, todo feminino, a presencia dos homes neste sector diminúe. A perda de emprego rexístrase no sector primario, que xa se está convertendo nunha constante, e no industrial; a situación do sector industrial era previsible, a pesar do bo comportamento do ano 2004, todo indicaba (peche de Valeo en Ourense, prexubilados en Izar...) que a perda de emprego sería a tendencia no 2005. O recente peche de Unicén en Ferrol, a ameaza que pende sobre Plásticos de Galicia en Vigo... por nomear algunha das máis grandes, fannos temer que a desfeita vai continuar ó longo dó ano.
O emprego que se creou no 2005 foi emprego asalariado fundamentalmente, (nestes momentos o 74,3% dos ocupados en Galicia son asalariados), e temporal; o número de asalariados con contrato indefinido descendeu un 0,15%, mentres os que teñen un contrato temporal aumentaron nun 7,6%. Co que a taxa de temporalidade medrou preto de 2 puntos, situándose no 34,1%. Leve medra da ocupación (feminina e temporal) e aumento do número de parados son os feitos mais salientables da mercado laboral galego no segundo trimestre de 2005.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 09/08/2005 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||