ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 22 de setembro de 2005

A asemblea de mariñeiros afectados polos recortes de pesca no caladoiro NAFO acorda mobilizacións
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Fletán negro, clic para aumentar
Diante da imposibilidade de capturar máis fletán no caladoiro NAFO, a asemblea acordou convocar unha nova xuntanza para o próximo venres día 30 de setembro e finalmente unha manifestación en Marín o venres 14 de outubro, “en defensa do dereito a traballar dos mariñeiros galegos e polo futuro do sector”. (Foto: Fletán negro [greenland halibut]).
 
Máis de 100 persoas e representantes de 19 barcos participaron na asemblea convocada pola CIG en Marín, o pasado martes, día 20 de setembro, para analizar a situación na que se atopan os mariñeiros diante da imposibilidade de capturar máis fletán no caladoiro NAFO. Entre outras decisións, acordaron convocar unha manifestación para o 14 de outubro.

Logo de coincidir na diagnose da situación á que se enfronta a flota galega que faena no caladoiro NAFO, a asemblea de mariñeiros acordou abrir varias vías para tratar de achegar solucións: entrevistas cos responsábeis políticos; novas xuntanzas e mobilizacións.

Os afectados consideran que desde o Goberno central fixéronse escasos ou nulos intentos por negociar, entre outras, medidas sociais cos sindicatos, polo que solicitarán unha entrevista urxente coa conselleira de Pesca e posteriormente coa ministra, ademais dunha xuntanza co vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana.

Logo das entrevistas, a asemblea acordou convocar unha nova xuntanza para o próximo venres día 30 de setembro e finalmente unha manifestación en Marín o venres 14 de outubro, “en defensa do dereito a traballar dos mariñeiros galegos e polo futuro do sector”.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 22/09/2005
cig.informatica