|
Actualidade CIG-Comunicación-
Xabier Aboi, responsábel da sección de CIG-Mar explica que esta convocatoria se realiza para analizar a situación na que se atopan os mariñeiros pola imposibilidade de capturar máis fletán e diante dos escasos ou nulos intentos de negociar medidas sociais por parte do Goberno central coas organizacións sindicais. A convocatoria coincide tamén co comezo do cumio anual de NAFO, que se celebra entre o 19 e o 23 de setembro na localidade de Tallín (Estonia), onde se regularán as posibilidades de pesca para a flota NAFO no 2006, e no que se prevé un endurecemento aínda maior das condicións actualmente existentes. |
|||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 20/09/2005 |