ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 27 de setembro de 2005

Coincidindo co xuízo contra os alcaldes da mancomunidade da Limia por vulnerar a liberdade sindical e o dereito de folga
A Executiva da CIG reúnese en Ourense en apoio aos traballadores en folga

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Foto CIG: Reunión da Executiva CIG en Ourense, clic para aumentar
Os membros da Executiva Confederal, antes de celebrar a súa xuntanza ordinaria, asistiron ao xuízo. Alí mesmo aproveitaron a presenza dos medios de comunicación para anunciar a mobilización de delegados que terá lugar en Xinzo o próximo día 6 de outubro. (Fotos: ©galizacig.com).
Foto CIG: Reunión da Executiva CIG en Ourense, clic para aumentar
 
Coincidindo co xuízo contra os alcaldes da mancomunidade da Limia por vulneración da liberdade sindical e o dereito de folga, celebrábase en Ourense, o luns 26 de setembro, a xuntanza da Executiva Confederal. Diste xeito, o máximo organismo de dirección da central manifestaba o seu apoio ás mobilizacións que están levando, desde hai uns 50 días, os traballadores da mancomunidade en folga.

Sobre os alcaldes dos concellos que forman parte da mancomunidade da Limia pesa a acusación de vulneración do dereito de folga e liberdade sindical, ameazas por despedimento e de disolución da mancomunidade e substitución de traballadores en folga de xeito ilegal.

Ademais, xa se produciu a segregación efectiva de algún concello, co obxectivo de limitar o dereito de folga. Este feito é homologábel, segundo explica Anxo García ao peche patronal dunha empresa privada, expresamente prohibido na lexislación.


Concentración de delegados o 6 de outubro en Xinxo

Os membros da Executiva Confederal, antes de celebrar a súa xuntanza ordinaria, asistiron ao xuízo. Alí mesmo aproveitaron a presenza dos medios de comunicación para anunciar a mobilización de delegados que terá lugar en Xinzo o próximo día 6 de outubro.

O presidente da Mancomunidade da Limia e alcalde de Os Blancos (Ourense), José Juan Puga Quintas, asinaba, o pasado 18 de xullo, o convenio polo que se acordaba un incremento salarial de 15 euros cos traballadores da mancomunidade. Porén, no pleno onde debía ratificarse, o propio Puga propoñía que se votara en contra.

Tras varios intentos por retomar as negociacións, os alcaldes da zona, maioritariamente do PP, rexeitaron sentarse a dialogar, o que provocou que finalmente se optara por convocar esta folga. A longa duración da mesma, levou ao Secretariado Confederal da CIG a aprobar unha axuda de 6.000 euros en apoio aos folguistas.

 
 
Informacións relacionadas
23/09/2005 Manifestación nacional o 6 de outubro ás 11:30 horas, en Xinzo
O Secretariado da CIG destina 6.000 euros do Fondo de Solidariedade para apoiar aos folguistas da Limia
31/08/2005 Folga do Lixo na Limia: A Mancomunidade fai unha proposta provocativa
23/08/2005 Fronte á Casa do Concello de Xinzo, o mércores 24 de agosto
Concentración de solidariedade cos traballadores da folga da recollida do lixo da Mancomunidade da Limia
17/08/2005 Comezou o pasado 12 de agosto e ten unha duración prevista de 20 días
Folga dos traballadores da mancomunidade da Limia polo incumprimento do convenio
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/09/2005
cig.informatica