ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 23 de setembro de 2005

Manifestación nacional o 6 de outubro ás 11:30 horas, en Xinzo
O Secretariado da CIG destina 6.000 euros do Fondo de Solidariedade para apoiar aos folguistas da Limia

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Zhou Xiaohong e Chen Shiquan, clic para aumentar
A dureza da folga que manteñen os traballadores da mancomunidade da Limia e a súa longa duración –van case que 50 días– levaron ao Secretariado Confederal da CIG a acordar convocar unha mobilización nacional para o próximo día 6 de outubro, ás 11:30 horas, en Xinzo. (Foto: Concentración do mércores 24 de agosto na entrada da Casa do Concello de Xinzo da Limia. ©galizacig.com).
 
Manifestación nacional o 6 de outubro en Xinzo, 6.000 euros de axuda do Fondo de Solidariedade e celebrar a próxima xuntanza da Executiva Confederal na zona, son os acordos máis relevantes acadados polo Secretariado Confederal da CIG en apoio aos compañeiros da mancomunidade da Limia, en folga desde hai case que 50 días.

A dureza da folga que manteñen os traballadores da mancomunidade da Limia e a súa longa duración –van case que 50 días– levaron ao Secretariado Confederal da CIG a acordar, na xuntanza celebrada o pasado martes día 20 de setembro, convocar unha mobilización nacional para o próximo día 6 de outubro, ás 11:30 horas, en Xinzo.

Ademais diso, estaba prevista a reunión da Executiva Confederal inicialmente en Xinzo, o próximo luns día 26 de setembro. Unha cita que finalmente terá lugar en Ourense, onde ese mesmo día se celebra un xuízo relacionado co conflito laboral, ao que asistirán todos os alcaldes da mancomunidade.

Porén, o acordo máis relevante do Secretariado é o de destinar do Fondo de Solidariedade da CIG unha axuda de 6.000 euros para os compañeiros implicados no conflito.

 
 
Informacións relacionadas
31/08/2005 Folga do Lixo na Limia: A Mancomunidade fai unha proposta provocativa
23/08/2005 Fronte á Casa do Concello de Xinzo, o mércores 24 de agosto
Concentración de solidariedade cos traballadores da folga da recollida do lixo da Mancomunidade da Limia
17/08/2005 Comezou o pasado 12 de agosto e ten unha duración prevista de 20 días
Folga dos traballadores da mancomunidade da Limia polo incumprimento do convenio
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 23/09/2005
cig.informatica