ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 22 de setembro de 2005

O seguimento foi do 100% agás os servizos mínimos
Reanúdase a folga na empresa de transporte Arriva Noroeste SL

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Foto CIG: Autobús Arriva, clic para aumentar
O Comité de Folga denuncia que por parte da empresa Arriva Noroeste estase a practicar a esquirolaxe, xa que está subcontratando coa empresa Vázquez parte dos seus servizos, unha práctica ilegal que anuncian “será denunciada no seu momento”. (Foto: ©Fernando Pol).
 
O folga convocada pola FGAMT-CIG en Arriva xunto con UGT, CUT e CCOO reanudouse o pasado mércores día 21 e continuará até o 23 de setembro. A sección de Transportes da CIG denuncia o intento da empresa de converter a folga, provocada por un conflito laboral, nun problema de seguridade cidadá.

O Comité de Folga de ARRIVA NOROESTE manifesta a súa satisfacción polo seguimento do 100% na xornada de folga do día 21, na que só se moveron os servizos mínimos.

O Comité de Folga denuncia que por parte da empresa estase a practicar a esquirolaxe, xa que está subcontratando coa empresa Vázquez parte dos seus servizos, unha práctica ilegal que anuncian “será denunciada no seu momento”.

Xesús Pastoriza, responsábel da sección de Transportes da CIG e portavoz sindical, denuncia os intentos da empresa de manipular á opinión pública convertendo a folga nun problema de seguridade cidadá ao anunciar “dispositivos especiais de seguridade” dados os “sucesos” dos últimos días.

Pastoriza aclara que o “dispositivo especial” existe desde o primeiro día de folga. Tanto é así que na estación de Ferrol había 6 vixiantes xurados, cando adoita haber un. “Desde o primeiro momento quixeron facer disto un problema de orde público para distraer á opinión pública da verdadeira realidade do conflito”, explica e para evitar sentarse a negociar.

Fronte ás acusacións sindicais de que a empresa ten impagos cos traballadores, que incumpre a legalidade en materia de contratación e xornada, que hai escurantismo na venda da empresa ou que os despedimentos son inxustos, “desde a dirección de Arriva fálase de presuntos problemas de orde público novamente”.

A CIG demanda que se convoque, de inmediato, a mesa de negociación e se informe adecuadamente á opinión pública sobre os servizos mínimos, na vez de facelo as organizacións sindicais, como está a ocorrer neste momento.

 
 

Informacións relacionadas


 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 22/09/2005
cig.informatica