ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 21 de setembro de 2005

O xuízo celebrarase o próximo 25 de outubro en Lugo
Solicitan un ano de cadea para Suso Seixo polas súas declaracións contra a sentenza aos sindicalistas de Lugo

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Suso Seixo, clic para aumentar
Suso Seixo, no centro da pancarta de cabeza da manifestación que polas liberdades e contra a represión tivo lugar na cidade de Lugo o 29 de febreiro de 2004. (Foto: ©Fernando Pol).
 
O próximo 25 de outubro terá lugar en Lugo o xuízo contra o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, polas declaracións que realizou o 5 de febreiro de 2004 tras coñecerse a sentenza que condenaba aos tres compañeiros de Lugo a máis de 15 anos de cadea por ter participado nun piquete na Folga Xeral do 20 de xuño de 2002.

A acusación solicita a pena dun ano de prisión e de inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo que dure a condena por un suposto delicto de calumnias e á pena de 10 meses de multa, cunha cota diaria de 12 euros e coa responsabilidade persoal subsidiaria determinada no artigo 53 do Código Penal, por cada un dos dous supostos delictos de inxurias.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/09/2005
cig.informatica