ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 16 de setembro de 2005

Visita dunha delegación de ELA
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Foto CIG: Asembleia CIG-ELA, clic para aumentar
O xoves 14 de setembro, nunha asemblea de delegados con máis de 400 asistentes falaron, ademais da delegación convidada, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, e o secretario comarcal de Vigo, Xerardo Abraldes.
Foto CIG: Reunión CIG-ELA, clic para aumentar
Foto CIG: Reunión CIG-ELA, clic para aumentar
O día 13 houbo unha reunión coa Executiva Comarcal de Vigo e os secretarios comarcais de federación. (Fotos: ©galizacig.com).
Encontro CIG-ELA, clic para descargar o vídeo
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 1'08'', espacio en disco: 9.262.032 bytes [8,83 Mb]).
 
Durante tres días, do 13 ao 15 de setembro, visitounos unha delegación de ELA ao máximo nivel formada por José Elorrieta, secretario xeral e responsábel de Relacións Intersectoriais, Amaia Muñoa, tesoureira (Finanzas) e Adolfo Muñoz, de Negociación Colectiva, Acción Económico-industrial.

ELA (Solidariedade de Traballadores Bascos), é a central sindical maioritaria en Euskadi, co 36,07% dos delegados e delegadas, e 104.000 afiliados e afiliadas.

Durante esta visita, respondendo a un convite da CIG, realizouse unha reunión en Santiago de Compostela cunha representación da Executiva Confederal e dous membros do Secretariado para tratar intercambiar experiencias sobre temas organizativos e negociación colectiva.

Aínda que sería en Vigo onde a delegación pasaría a maior parte do tempo. O día 13 houbo unha reunión coa Executiva Comarcal e os secretarios comarcais de federación, e o xoves 14 de setembro unha asemblea de delegados, con máis de 400 asistentes. Neste último acto falaron, ademais da delegación convidada, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, e o secretario comarcal de Vigo, Xerardo Abraldes.

Dende a CIG valoramos moi positivamente esta visita, xa que permite ademais dun maior coñecemento entre as dúas centrais sindicais nacionalistas, comprometidas na loita pola xustiza social e o dereito de autodeterminación, aumentar a coordinación e a confraternidade.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 16/09/2005
cig.informatica