Actualidade / ArtigoVolver


Vigo, 23 de setembro de 2005

Tratado da Unión Europea ruína da pesca galega
 

Xoán Salvador Ribadomar Padín-

CIG


  Foto CIG: Lonxa grandes peces e baixura de Vigo, clic para aumentar
O sector pesqueiro galego quedará a expensas das decisións dos burócratas de Bruxelas, os monopolios alimentarios e o capital transnacional, perdendo toda posibilidade de decidir sobre algo tan vital para a nosa economía e a estruturación económica do país como as políticas de recuperación e defensa dos recursos mariños, a adecuación e modernización da nosa flota as necesidades do sector; así tamén perderíase a posibilidade de establecer políticas de defensa dos produtos pesqueiros e marisqueiros galegos, esto ultimo prioritario. Mesmo non poderiamos dende Galiza facer políticas de emprego nun sector básico para a nosa economía. (Foto: Lonxa de grandes peces e baixura de Vigo. ©Fernando Pol).
 
Unha vez paralizado o proceso de ratificación da mal chamada constitución europea, como consecuencia do resultado negativo do referendo en Francia e Holanda, así como as previsións negativas noutros estados da unión, convén facer unha análise sosegada das consecuencias que a aplicación do texto do Tratado da UE tería e terá sobre os distintos sectores económicos de Galiza.

Dende a CIG xa nos posicionamos valente e conscientemente no seu día polo voto NON, e tratamos no seu día con gran esforzo de explicar a sociedade e o conxunto de traballadores e traballadoras do noso país as consecuencias da ratificación do texto que se sometía a consulta:

• Desmantelamento do estado do benestar, coa eliminación de tódalas conquistas sociais e económicas conseguidas polos traballadores con grande esforzo.

• Negación do recoñecemento dos dereitos nacionais de Galiza e mesmo a negación do recoñecemento do noso idioma, o galego.

Deixando nas mans do gran capital monopolista as políticas sociais, de seguridade social, emprego, sanidade, ensino, etc... de ser aprobado o actual texto, o retroceso social sería inevitable e Galiza vería negada por decreto a posibilidade de seguir avanzando no camiño do autogoberno e a construción nacional, non podería facer políticas de salvagarda dos intereses dos traballadores galegos pensadas e feitas dende o noso país.

Desta vez o análise ten que facerse dende a prospectiva das consecuencias sobre dun sector económico como o da pesca o marisqueo e a acuicultura, que na Galiza representa o 10% do PIB.

O tratado da UE establece no artigo I-12 a categoría das competencias e no seu apartado 1.) refire que cando unha competencia sexa declarada en exclusiva da UE soio esta poderá lexislar e adoptar actos xurídicos sobre dela, en tanto que os estados nembros soio poderán facelo se son facultados expresamente para elo.

No artigo I-13 defínense os ámbitos de competencias exclusivas; entre outros no seu apartado 1.d) se encadra a conservación dos recursos biolóxicos mariños dentro da política pesqueira común; no seu apartado 1.e) establece como exclusiva da UE a política comercial; dictamiando no apartado 2) que os acordos internacionais son de competencia exclusiva da UE.

Baixo estas premisas, o sector pesqueiro galego quedará a expensas das decisións dos burócratas de Bruxelas, os monopolios alimentarios e o capital transnacional, perdendo toda posibilidade de decidir sobre algo tan vital para a nosa economía e a estruturación económica do país como as políticas de recuperación e defensa dos recursos mariños, a adecuación e modernización da nosa flota as necesidades do sector; así tamén perderíase a posibilidade de establecer políticas de defensa dos produtos pesqueiros e marisqueiros galegos, esto ultimo prioritario. Mesmo non poderiamos dende Galiza facer políticas de emprego nun sector básico para a nosa economía.

Por dicilo dunha maneira clara e comprensible, dende Galiza non poderiamos decidir directamente como se sementan, recollen, se venden, comercializan os peixes e mariscos capturados nas nosas costas. Máis grave inda, quedamos as expensas de que outros decidan e se nos obrigue a aceptar que peixes e mariscos de países terceiros de menor calidade se vendan nos nosos mercados sen ningún tipo de control e distinción nunha clara competencia desleal para o sector e un fraude ao consumidor. Deixando o sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola galego nunha grave situación de desventaxa.

Ben e certo que os defensores do tratado negáronse a explicar de forma clara e concisa as consecuencias deste sobre da clase traballadora galega, da nosa economía, mesmo enganaron o conxunto da cidadanía mentindo descaradamente ou mantendo silencios culpables. Mais dende a CIG como sindicato de clase que loita pola liberación nacional de Galiza debemos de seguir a explicar, denunciar e debater este nefasto tratado, que paralizado momentaneamente están a pretender aplicalo sen o respaldo social e democrático, nunha clara burla aos cidadán galegos e europeos.


Vilagarcía de Arousa, 21 de setembro de 2005.

Xoán Salvador Ribadomar Padín é secretario sectorial de Marisqueo e Acuicultura da Federación Galega de Alimentación, Mar, Transporte, Téxtil e Telecomunicacións. CIG-FGAMT.

 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 23/09/2005
cig.informática