ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 8 de outubro de 2005

Delegados, traballadores e veciños participaron na manifestación celebrada en Xinzo
A CIG apoiará economicamente aos traballadores da Mancomunidade da Limia para que manteñan as súas reivindicacións

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Manifestación Mancomunidade A Limia, clic para aumentar
Manifestación Mancomunidade A Limia, clic para aumentar
Delegados da CIG, membros da Executiva Confederal, traballadores e veciños participaron en Xinzo na manifestación convocada o xoves 6 de outubro para apoiar coa súa presenza as reivindicacións dos traballadores da Mancomunidade da Limia, en folga desde hai 55 días. (Fotos: ©galizacig.com 06/10/2005).
Manifestación Mancomunidade A Limia, clic para descargar o vídeo
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 4'30'', espacio en disco: 9.738.320 bytes [9,28 Mb]).
 
Delegados da CIG, membros da Executiva Confederal, traballadores e veciños participaron en Xinzo na manifestación convocada o xoves 6 de outubro para apoiar coa súa presenza as reivindicacións dos traballadores da Mancomunidade da Limia, en folga desde hai 55 días.

O propio secretario xeral, Suso Seixo, deixou constancia do compromiso da central sindical, anunciando que a CIG apoiará economicamente aos folguistas para que resistan até que se atendan as súas demandas.

“A CIG quere solucionar o conflito, pero non nos vale calquera arranxo, os dereitos dos traballadores teñen que quedar garantidos”. Así concluía Luís Ferreiro, secretario local da CIG de Verín, a súa lectura do comunicado co que remataba unha manifestación que deixou especialmente satisfeitos aos 10 traballadores da Mancomunidade da Limia en folga e seriamente preocupados aos 10 alcaldes dos concellos que forman parte da Mancomunidade.

Tanto uns como outros valoraban especialmente o feito de que a CIG, por 10 traballadores, fora quen de mobilizar a delegados de todo o país, para apoiar as xustas demandas e solidarizarse coa súa loita.

Pero se algo valoraron especialmente foi o anuncio que, na súa intervención, facía o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, de seguir apoiando economicamente aos traballadores para que poidan resistir unha folga que dura xa preto de dous meses e da que só hai disposición de saír de atenderse as súas demandas.

Unha folga que os alcaldes da mancomunidade pensaron que abocarían ao fracaso negándose a negociar e minando a resistencia dos 10 traballadores sen prever, en ningún caso, que lonxe de retroceder nas súas demandas, iríanas reafirmando co paso do tempo. Tal é así que “nestes momentos a súa posición é igual de firme que cando comezou a folga e están dispostos a aguantar o que faga falta”, explicaba o secretario local da CIG de Verín.

Precisamente a estes alcaldes acusábaos Ferreiro de actuar “como contrapiquetes, ao insultar e asustar aos veciños e veciñas da Limia dicíndolles que lles subirían o recibo do lixo”.

Manifestación Mancomunidade A Limia, clic para aumentar  
Manifestación Mancomunidade A Limia, clic para aumentar
Manifestación Mancomunidade A Limia, clic para aumentar
Manifestación Mancomunidade A Limia, clic para aumentar
Manifestación Mancomunidade A Limia, clic para aumentar
Manifestación Mancomunidade A Limia, clic para aumentar
Manifestación Mancomunidade A Limia, clic para aumentar
Manifestación Mancomunidade A Limia, clic para aumentar
Manifestación Mancomunidade A Limia, clic para aumentar
Porén, o verdadeiro problema da Mancomunidade son, segundo explicaba tamén a través do comunicado Ferreiro, os 200 millóns das antigas pesetas que se adebedan. Unha elevadísima cantidade acumulada por mor dunha “desastrosa xestión” do actual presidente da Mancomunidade e dos seus predecesores, todos alcaldes do Partido Popular.

Casualmente, mentres a manifestación discorría polas rúas de Xinzo, por vez primeira Mancomunidade e representantes da CIG e dos traballadores, nomeadamente Anxo García, sentaban a negociar, cuns primeiros resultados valorados positivamente polo propio Anxo García, dado o enquistamento no que se atopaba o conflito, pero sen chegar a un acordo definitivo.

En todo caso e para que non quedara ningunha dúbida das súas demandas, tanto na rúa como na mesa de negociación exixían a inmediata solución do conflito a través do diálogo, a negociación do convenio colectivo e o compromiso do mantemento da Mancomunidade.

 
 
Informacións relacionadas
04/10/2005 O xoves 6 de outubro ás 11:30 horas
Manifestación na Limia por unha solución ao conflito da Mancomunidade
27/09/2005 Coincidindo co xuízo contra os alcaldes da mancomunidade da Limia por vulnerar a liberdade sindical e o dereito de folga
A Executiva da CIG reúnese en Ourense en apoio aos traballadores en folga
23/09/2005 Manifestación nacional o 6 de outubro ás 11:30 horas, en Xinzo
O Secretariado da CIG destina 6.000 euros do Fondo de Solidariedade para apoiar aos folguistas da Limia
31/08/2005 Folga do Lixo na Limia: A Mancomunidade fai unha proposta provocativa
23/08/2005 Fronte á Casa do Concello de Xinzo, o mércores 24 de agosto
Concentración de solidariedade cos traballadores da folga da recollida do lixo da Mancomunidade da Limia
17/08/2005 Comezou o pasado 12 de agosto e ten unha duración prevista de 20 días
Folga dos traballadores da mancomunidade da Limia polo incumprimento do convenio
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 11/10/2005
cig.informatica